Mañá, luns 23, os traballadores das compañías Indasa e UTE Tecman-Rayma de Navantia-Ferrol comezan unha folga indefinida contra 15 despedimentos. Lamentablemente non son os únicos, outras compañías de Navantia están tamén reducindo o cadro de persoal.

A razón dos despedimentos nestas dúas compañías é que o 1 de outubro se renovan os contratos de mantemento, e tanto os empresarios das compañías como a dirección de Navantia, que son unlla e carne, queren aproveitar para rebaixar as condicións laborais. De feito, na factoría de San Fernando a renovación de contratos tamén está a provocar mobilizacións dos traballadores.

O último convenio provincial do Metal da Coruña conquistou o dereito de subrogación para os traballadores de mantemento nas empresas públicas. Con estes despedimentos, o que pretenden os empresarios da industria auxiliar e a dirección de Navantia é anular na práctica ese dereito. É un ataque grave contra o movemento obreiro. Non poden saírse coa súa.

A CGT ESIXE A INMEDIATA READMISIÓN DE TÓDOLOS DESPEDIDOS E FAI UN CHAMAMENTO Á SOLIDARIEDADE. Unha solidariedade que non pode ser espiritual, senón concreta, dando pasos de cara a mobilizarnos todos xuntos para lograr este obxectivo.

Neste senso, o feito de que na baía de Cádiz haxa exactamente o mesmo problema de fondo (aínda que non en forma de despedimentos) debe servir para impulsar a mobilización conxunta tamén entre as dúas áreas xeográficas, fronte a unhas empresas insaciables que buscan degradar as condicións laborais de tódolos traballadores (tamén os da principal, como demostrou o convenio único).

Fuente: CGT-A Coruña