Como xa é coñecido, a CGT impugnou a finais de setembro ante a Mesa Electoral Central de Navantia-Ferrol o censo das eleccións sindicais do 24 de outubro, pola presenza no mesmo de 15 representantes da empresa (directores, membros do comité de dirección e representantes empresariais na comisión negociadora do convenio colectivo).
A Mesa Electoral Central rexeitou a nosa impugnación alegando que esas 15 persoas non teñen un contrato de alta dirección, senón un contrato laboral común.
Trala resolución da Mesa Electoral Central, a CGT solicitou un laudo arbitral sobre o tema en disputa.
A comparecencia deste laudo será mañá, xoves 5 de outubro, ás 12:00 h. na Inspección de Traballo da Coruña.
A CGT está totalmente convencida de que a razón está da nosa banda: os interlocutores empresariais non poden participar na elección dos representantes sindicais cos que eles van negociar no marco das relacións laborais. Este tamén é o sentir de moitos traballador@s de Navantia tras coñecer a nosa impugnación. Hai laudos e sentenzas que avalan a exclusión por considerar que o relevante non é o tipo de contrato, senón as funcións reais que se realizan no marco da empresa.
Fuente: CGT-A Coruña