Comité de empresa de Abai Business Solution, S.A.U. na Coruña

O 13 de xuño ás 12 horas manifestación do persoal de ABAI na Coruña contra o ERTE

Abai Business Solutions, S.A.U. plantexa un ERTE ( expediente de regulación temporal de emprego) que afecta a 341 traballadoras e traballadores en todo o Estado español, 70 no centro da Coruña.

O 13 e o 19 de xuño están convocadas, en todos os centros de traballo, dúas xornadas de folga de 24 horas. Coincidindo coa primeira, o 13 de xuño, os sindicatos que forman parte do Comité do centro da Coruña ( CGT, CCOO, CIG e UGT) teñen programada unha manifestación que partirá ás 12 horas do Edificio Proa, no Barrio de Matogrante, onde se atopa o centro de traballo da Coruña. Baixo o lema “NON AO ERTE EN ABAI”.

O Comite de empresa sinala que unha porcentaxe elevada de persoas traballadoras afectadas polo ERTE estiveron durante moitos anos na campaña de Movistar, servizo atención ao cliente. O Comité de Empresa denuncia que hai uns meses estas persoas foron apartadas deste servizo de maneira inesperada. A Dirección de ABAI culpou á empresa de telecomunicacións de “desactivar” deliberadamente as claves persoais que se precisan para acceder ás aplicacións de Movistar, o que lles impedía traballar para esa compañía.

O pasado venres, 9 de xuño, na segunda reunión do proceso de negociación, os sindicatos preguntaron pola circunstancia anteriormente descrita. Agora, os representantes da empresa cambian de versión, indican que o motivo foi una decisión empresarial propia.

O Comité de empresa considera extremadamente grave que durante todos meses mantivese unha versión, que segundo palabras da propia empresa, era mentira. Esto supón unha falta de respecto ao conxunto do persoal e a representación legal da mesmo. Deixando nunha situación desamparo total ao conxunto das persoas traballadoras, xa que a empresa pode empregar esta estratexia para destruír emprego de maneira deliberada.

Os sindicatos tamén solicitan que se aclare que pasou co contrato de 13,8 millóns de euros, que segundo fontes de ABAI, adxudicoulle a Xunta de Galicia para o servizo de rastrexo da COVID-19, cunha duración de 12 meses. O Comité de Empresa da Coruña aclara que este servizo apenas estivo en funcionamento 6 meses.  Aínda que lle foi solicitado, a Dirección de ABAI nunca facilitou unha copia do contrato coa administración pública nin ningún documento que acredite que o Goberno Galego resolveu o mesmo antes de tempo.

O Comité de Empresa rexeita este expediente de regulación temporal de emprego ao considerar que non existen causas reais que o sustenten.

Presidente do Comité de empresa

Adrián García Seijas


Fuente: Comité de empresa de Abai Business Solution, S.A.U. na Coruña