Compañeiras e compañeiros
O 14 de maio de 1948, o Estado de Israel declarou a súa independencia, o que provocou, a partir do día 15, o éxodo da poboación palestina, dous tercios da poboación total. Este éxodo de 700.000 persoas que fuxían do exército israelí, produciuse a a partir do día 15, o “Día da Nakba (Día de la catástrofe)” e obrigou aos palestinos a deixar propiedades e cultivos que foron confiscadas polo nacente Estado de Israel “por abandono”. Este foi o comezo, hai xa 76 anos, da catástrofe que se vive nesta próxima rexión do mundo.
Os sindicatos palestinos fixeron un chamamento ao movemento sindical internacional para conmemorar esta data e así, solidariamente, os sindicatos CGT, CNT, CUT e Sindicato da Elevación, coa participación tamén de BDS, o Sindicato de Estudantes e a Asociación de Veciños do Agra acordamos facer unha concentración solidaria. Terá lugar o día 15, mércores, ás 19:00 horas, na praza das Conchiñas da Coruña.
A CGT convoca a toda a cidadanía e organizacións sindicais e sociais a participar nesta concentración para berrar o cese do xenocidio palestino e a adopción de medidas contundentes que obriguen ao Estado asasino de Israel a deter a masacre.
CONTRA O XENOCIDIO DO POBO PALESTINO!
ESTADO DE ISRAEL ASASINO!
Fuente: CGT-A Coruña