COMUNICADO

O Comité de Empresa de Abai Business Solutions da Coruña, ante a masacre do que o Estado de Israel está provocando en Palestina, con preto de 40.000 vítimas (entre elas milleiros de nenos e nenas) manifesta o seguinte:

  • Declaramos a nosa solidariedade co pobo palestino, vítima dun xenocidio criminal por parte do exército e Estado de Israel.
  • Esiximos do Estado de Israel o cese das accións bélicas e a apertura dos pasos que permitan a chegada da axuda humanitaria a unha poboación famenta.
  • Reclamamos do goberno español que tome todas as medidas posibles encamiñadas a presionar ao Estado de Israel para deter a matanza.
  • Chamamos ás traballadoras e traballadores desta empresa, ao conxunto da clase obreira e á poboación en xeral para que se sumen ás distintas mobilizacións que se están a convocar en solidariedade co pobo palestino e para esixir a detención da limpeza étnica perpetrada polo estado israelí.

A Coruña a 22 de mayo do 2024.


Fuente: CGT en ABAI Coruña