A Confederación Xeral do Traballo, CGT, convócavos a unha rolda de prensa polo EXPEDIENTE DISCIPLINARIO aberto a nosa compañeira de Sanidade, Teresa Vázquez Arias, traballadora do SERGAS.
A esta compañeira lle imputan unha posible falta moi grave por, o seu mal entender, incumprimento dos “servicios mínimos” na pasada folga de outubro de técnicos sanitarios.
A gravidade da imputación, a importante sanción que tería, e o feito de que daquela esta compañeira exercera como Secretaria Xeral da CGT de Galicia, fai que para a CGT sexa unha situación prioritaria a defensa da súa actuación na dita folga.
Para dar a coñecer publicamente a nosa visión do sucedido e das medidas que xa tomamos e das que levaremos adiante, vos convocamos :
Nos locais da CGT en Vigo : Rúa Urzáiz, nº 73, ent. Dta., ás 12:00hs, do día 9 de marzo de 2006.
Agradecendo por adiantado a vosa presencia,
Polo Sindicato de Sanidade
Javier Prieto Estevez.
Fuente: CGT de Galicia