Vigo. CONCENTRACIÓN CGT, día 30, as 11:30 hs, diante do edificio da Xunta, na Pza da Estrela, en protesta e en contra da Nova Reforma Laboral
A Confederación Xeral do Traballo (CGT) convoca unha CONCENTRACIÓN, mañán, día 30, as 11:30 hs, diante do edificio da Xunta, na Pza da Estrela, en protesta e en contra da Nova Reforma Laboral, que están a negociar Goberno, Patronal e CCOO e UGT.

A Confederación Xeral do Traballo ( CGT ) ten prantexada unha campaña en contra dunha NOVA REFORMA LABORAL, que, según tódolos indicios, virá a empeorar no que cabe as condicións laborais e sociais dos traballadores e traballadoras. Os presupostos iniciais de partida non son nada esperanzadores para os intereses da crase obreira : abaratamento do despido, reducción das posibilidades de obter un contrato estable en condicións dignas, flexibilizala contratación por medio das subcontratas, reducción das cotizacións «empresariais» a Seguridade Social, etc., serán algunhas das consecuencias do pacto que están a argallar, si non somos capaces de frenalos.

A concentración da mañá e un paso máis nesta campaña que a CGT ten iniciado de información e resposta a Nova Reforma Laboral, unha campaña que terá continuación coa MANIFESTACIÓN , que co mesmo motivo, terá lugar en Pontevedra o día 31, ás 20:00 hs.

A CGT convida a tódolos traballadores e traballadoras a estes actos para amosar a nosa repulsa polo que supón de empeoramento das nosas condicións laborais e sociais.

En Vigo, a 29 de marzo de 2006

Fdo. Mercedes Santos

Sª Xeral da Federación Local de Vigo de CGT

jordans for sale sneakers

Fuente: Mercedes Santos /Sª Xeral da Federación Local de Vigo de CGT