A CGT da Coruña convoca unha manifestación de apoio a Unipost con saída que terá lugar o venres, día 31, ás 20:00 horas no Obelisco.

Unipost é unha empresa privada de distribución postal, propiedade da familia Raventós (Codorniu) e que ten como clientes algunhas das empresas máis grandes do país. Unipost ten sometid@s @s traballador@s a un maltrato continuo nas súas condicións de traballo. A situación pódese resumir así:

Recortes salariais nun 17 % na nómina e un 22 % nos complementos

Aplicacións de EREs e ERTEs

Fraccionamento de salarios de ata 4 prazos

Impagos de pagas extraordinarias

Impagos de retroactividad que se debe

A situación d@s traballador@s é insostible. A actuación carroñeira da patronal bloqueou todos os intentos do cadro de persoal de recuperar os seus dereitos pola vía do diálogo, optando a empresa por financiarse a costa d@s empregad@s e arroxándo@s a un futuro incerto e desolador.

Por iso non hai más camiño que a mobilización, camiño que se concreta na Coruña na celebración da III Marcha Laranxa dos traballadores de Unipost-Galicia, tras as Marchas efectuadas en Compostela e Pontevedra.

UNIPOST, PAGA O QUE DEBES!

A LOITA DE UNIPOST É A LOITA DE TOD@S!

Máis información Marcos – CGT Unipost da Coruña

nike air max 2019 UK

Fuente: CGT Unipost A Coruña