Hoxe, xoves, 24 de xuño, ás 11,00 horas, diante do edificio da Xunta de Galicia en Vigo,uns 50 militantes da CGT , fixemos unha concentración en protesta polo despido dunha compañeira afiliada a este Sindicato.
Mª José Torres, traballadora da empresa " Lagares Ingeniería S.L. "(da cal seu cliente principal, case único é a Xunta de Galicia) foi despedida por esixir a reducción de xornada laboral para coidar a súa filla.


Hoxe, xoves, 24 de xuño, ás 11,00 horas, diante do edificio da Xunta de Galicia en Vigo,uns 50 militantes da CGT , fixemos unha concentración en protesta polo despido dunha compañeira afiliada a este Sindicato.

Mª José Torres, traballadora da empresa » Lagares Ingeniería S.L. «(da cal seu cliente principal, case único é a Xunta de Galicia) foi despedida por
esixir a reducción de xornada laboral para coidar a súa filla.

Esta traballadora para conseguir a reducción de xornada para coidar a súa filla
tivo que recorrer a intervención da Inspección de Traballo, solo así acadou
seu dereito recoñecido pola lei.

A partir de ese momento comezou o calvario para Mª José,foi apartada dos
seus compañeiros, enviada a facer traballos fora da oficina, ser cuestionada
a súa capacidade, etc. Ata desembocar no despido, argallando a empresa
razóns obxectivas para enmascarar a realidade, de que esixiu seus dereitos
fronte a vontade da empresa, e iso cústalle o emprego.

Para a CGT este non é un caso illado, moitas mulleres vense na obriga de
non exercer os seus dereitos, caendo incluso na enfermidade, ou ser
despedidas por ser nais. A Xunta de Galicia que debería vixiar o cumprimento
das leis faise cómplice das empresas que a vulneran.

A CGT ademais de tratar este despido coa importancia que corresponde trata
de impulsar unha resposta sindical e social máis ampla por que son moitas as
mulleres co mesmo problema.

Vigo a 23 de xuño de 2004

Javier Prieto Estévez

Sº de Acción Sindical de CGT-Vigo