A central sindical CGT manifestou nun comunicado o seu apoio e solidariedade pública cos membros da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) recentemente condeados polo “grave delicto de pecharse pacíficamente no Concello de Vilagarcía”.

A CGT lembra que, de confirmarse a sentencia, as persoas condeadas “van sofrir unha serie de consecuencias persoais totalmente inxustas, como poden ser os antecedentes penais”. O sindicato tamén incide no feito de que ese peche, “acción colectiva”, contaba co “respaldo dun amplo sector cidadán” e que a súa finalidade era lograr un “ben colectivo” : O translado dos depósitos do Ferrazo.

Para a central sindical este tipo de sentencias condenatorias supoñen un “retroceso democrático” e implican “criminalizar o exercicio de libertade de expresión”.

A Confederación General del Trabajo (CGT) de Arousa manifestou a súa confianza en que prospere o recurso presentado polos encausados, así coma “que neste Concello se respecte o dereito á discrepancia”.

diariodearous

Redacción / Vilagarcía