Mañá, mércores, 20 de decembro de 2006, delegados sindicais e militantes da CGT, , faremos unha CONCENTRACIÓN, as 13:30 hs, e diante das instalacións da empresa, na Avda. de Citroen , nº 5 e 7.

Mañá, mércores, 20 de decembro de 2006, delegados sindicais e militantes da CGT, , faremos unha CONCENTRACIÓN, as 13:30 hs, e diante das instalacións da empresa, na Avda. de Citroen , nº 5 e 7.

Nesta mobilización a CGT amosaremos o noso rexeitamento das liñas de actuación de esta empresa na súa relación con este sindicato. Unha relación marcada por poñer todo tipo de impedimentos a Sección Sindical da CGT na empresa, para evitar a consolidación e fortalecemento da mesma. Sancións desmedidas e arbitrarias os afiliados/as da CGT e a nota habitual nesta multinacional. As denuncias na Inspección de Traballo e as demandas no Xulgado son a forma de relación que, respecto da CGT , escolleu esta empresa para tratar con nós.

A represión clara e directa, combinase con outras máis sutiles, e que en todo caso pretenden amedrentar os traballadores/as para que non se sumen a alternativa sindical da CGT.

Con esta concentración os compañeiros e compañeiras da CGT de Vigo amosaremos a nosa solidariedade coa Sección Sindical da CGT en PSA-PEUGEOT-CITROEN na súa desigual loita coa empresa.


Fuente: CGT-Vigo