O pacto de contratación que tiña rematado o pasado 31 de decembro foi renovado até o ano 2017, garantindo os 900 postos de traballo no almacén de Sabón e, polo tanto, a carga de traballo.

Este acordo significa o compromiso da empresa de que éste siga a ser principal almacén de distribución do Grupo Inditex, a pesar da “competencia” dos outros centros loxísticos e a garantía de que non vai desaparecer carga de traballo nos próximos seis anos.

O pacto recolle
que as conversións a indefinido realizaranse cada seis meses
(actualmente era cada ano) e que as interinidades cubriranse
inmediatamente sen espera-lo prazo deses seis meses.

O mantemento dos postos de traballo é un dos obxectivos do esforzo da Sección Sindical de CGT
na empresa que ademais continúa atenta para que non subcontraten
traballos e tarefas que realizan os traballadores do centro, como ten
pasado con Atlas:

O pacto recolle
que as conversións a indefinido realizaranse cada seis meses
(actualmente era cada ano) e que as interinidades cubriranse
inmediatamente sen espera-lo prazo deses seis meses.

O mantemento dos postos de traballo é un dos obxectivos do esforzo da Sección Sindical de CGT
na empresa que ademais continúa atenta para que non subcontraten
traballos e tarefas que realizan os traballadores do centro, como ten
pasado con Atlas:

Nuns tempos chamouse “Eurocén”, agora faise chamar “Atlas”; os
veteranos chamábanlle “Zarabanchel”. O caso é que regresou e Inditex
conseguiu, de momento, quitar aos traballadores carga de traballo para
subcontratala nunhas condicións laborais de miseria e explotación.

A estratexia é clara: fronte a unhas
condicións de traballo cun mínimo de dignidade acadadas ano a ano,
Inditex busca ceder parte da carga de traballo  a unha empresa
“tapadeira” que aplica condicións de traballo moito peores: sen convenio
de aplicación, sen horarios, con xornadas de até 15 horas continuadas
de traballo durísimo, sen descanso ou cun descanso ridículo, meses con
229 horas de traballo, semanas de 74 horas…, imposibilidade de facer uso
das licenzas, contratos temporais a tempo parcial cobrando cantidades
ínfimas, prevención inexistente, sen vacacións, cobrando a  hora a 5’18€
netos, … e o que proteste, xa sabe onde está a porta.

Esta humillante explotación xa foi denunciada polo Comité de Empresa
de Zara Loxística, con presencia de CGT, e a Inspección de Traballo
realizou unha investigación que aínda non rematou. Pero non podemos
agardar e que esta estratexia se consolide ou se estenda a outras
tarefas. O Comité  de Empresa decidiu por unanimidade loitar até que
estas prácticas semiescravistas rematen e nos devolvan a carga de
traballo que pretenden subcontratar para evitar ter que paga-los nosos
salarios.

CGT A Coruña – http://www.cgtgalicia.org/2012/02/por-un-traballo-digno-en-zara-loxistica-o-pacto-de-contratacion-e-a-loita-nas-subcontratas/


Fuente: CGT A Coruña