O éxito da folga xeral en Pontevedra, Marín e toda a bisbarra, colmou con creces ás previsións e esperanzas da CGT, agás o reducido seguimento entre os funcionarios das delegacións territoriais da Xunta, do ensino e da administración central.

O éxito da folga xeral en Pontevedra, Marín e toda a bisbarra, colmou con creces ás previsións e esperanzas da CGT, agás o reducido seguimento entre os funcionarios das delegacións territoriais da Xunta, do ensino e da administración central.

Descontados os servizos mínimos, o paro foi practicamente total, próximo ó 90%, nos sectores industriais e de servizos (porto e actividades portuarias, transportes, talleres, construción, metal, celulosas, banca, etc), xeneralizado nos distribuidores e comercios máis grandes e supermercados (Zara, Froid, Carrefour, etc) e moi amplo incluso no pequeno e mediano comercio e hostalería.

A manifestación convocada por CGT, foi secundada por máis de un centenar de traballadores e traballadoras, que a partir da 1 da tarde recorreron rúas principais da cidade ata chegar ó edificio da sub-delegación do goberno. Nese punto, o secretario xeral do sindicato, comentou as circunstancias que nos levaron a esta folga, en defensa do traballo e polo reparto da riqueza, contra o paro e a exclusión social, para esixir a derrogación da Reforma Laboral e deter a ameaza que se cerne sobre as pensións e a ampliación da idade de xubilación.

O secretario xeral tamén anunciou que a mobilización da clase traballadora seguramente terá que continuar e intensificarse nos próximos meses, rachando co sindicalismo oficialista de negociación e submisión que nos trouxo ata aquí, ata lograr que o paro e a precariedade deixen de ser unha ameaza certa para millóns de persoas, que a Reforma Laboral non chegue a aplicarse en ningún centro de traballo ou empresa e que os nosos maiores poidan disfrutar dignamente da riqueza social que eles contribuíron a crear, co seu traballo e esforzo.

Comité de la F.L. de CGT-Pontevedra



Fuente: CGT-Pontevedra