Integrantes do colectivo de estibadores da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa negáronse onte a descargar a mercancía dun buque, por considerar que a consignataria non cumpríu o protocolo establecido de chamar primeiro aos de carácter laboral fixo e posteriormente aos da lista OTP.


Integrantes do colectivo de estibadores da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa negáronse onte a descargar a mercancía dun buque, por considerar que a consignataria non cumpríu o protocolo establecido de chamar primeiro aos de carácter laboral fixo e posteriormente aos da lista OTP.

Segundo responsables da central CGT no Porto, a consignataria procedeu a reclutar aos estibadores para a operación de descarga “nos peiraos”, o que non é “o procedemento”.

De aí que, afirman, houbese unha negativa por parte dos traballadores para realizar a descarga. A empresa consignataria optou entón por realizar a contratación dos estibadores a través da empresa Sestiva, sempre según a central sindical.

Unha vez formalizado este trámite (que garante un proceso de chamada de lista dos estibadores, primeiro os fixos e posteriormente os OTP), sí que se procedeu á descarga do buque, en torno ás nove da mañán.

Este barco, “Marie Cristine”, que transporta madeira e ten bandeira dos Paises Baixos, está atracado no peirao do Ramal.

Esta non é a primeira ocasión en que se produce este tipo de situacións, que son denunciadas periódicamente polos estibadores e as centrais sindicais.

Hai varias semanas, o representante dos estibadores denunciara ante Inspección de Traballo o proceder dunha consignataria, que, aseguraron, empregou a persoal dos almacéns para levar a cabo unha descarga de túnidos.

Servicio público

O principal malestar entre o colectivo radica en que algunhas consignatarias optan por empregar nas mercancías de “servicio público” o mesmo procedemento que con aquelas que están liberalizadas, caso da pesca conxelada, o que perxudica aos traballadores. Rematar con esta situación é, precisamente, un dos puntos da negociación do convenio.