O PERSOAL DE CORREOS DA UNIDADE DE REPARTO DA RÚA ENTREPEÑAS 43 DA CORUÑA REALIZARÁ NOVAMENTE ESTE VENRES, 13 DE DECEMBRO, ÁS 09:30 DA MAÑÁ UNHA CONCENTRACIÓN  DIANTE DA UNIDADE PARA RECLAMAR CON URXENCIA A CONTRATACIÓN DE REFORZOS PARA A UNIDADE.
 
O PERSOAL REALIZARÁ DECLARACIÓNS
O persoal denuncia que non se realizaron as contratacións suficientes para cubrir o servizo, e que unicamente se realizaron 2 contratos de reforzo, que non cubren nin as ausencias estructurais da unidade. Polo cal a situación de precariadade e de insuficiencia de persoal segue.
 
Retrasos que chegan a ser de unha semana.
O persoal denuncia que na unidade hai numerosos obxectos postais sen repartir, algúns con varios días de retraso e que a situación previsiblemente empeorará.
 
Esta unidade que presta servizo aos códigos 15011 e 15010 a pesar de estar inmersos en plena campaña de paquetería unicamente estan dispoñibles 10 persoas para cubrir as  das 22 seccións de reparto existentes, debido a que Correos négase a cubrir as vacantes estructurais existentese e as ausencias temporais, por baixas, etc. 
 
O persoal leva semanas reclamando unha contratación extraordinaria e avisa se a situación non mellora iniciará unha folga nas vindeiras semanas.
 
Esta carencia de persoal conleva unha sobrecarga no persoal dispoñible, e ese sobre esforzo está levando a problemas de saúde, por exemplo xa son dúas as persoas que están de baixa relacionadas con problemas de articulacións por asumir rutas que son moito mais longas do habitual.
 
Dende o sindicato CGT vimos reclamando reiteradamente á dirección de Correos que cubra as prazas estruturais vacantes e que substitúa convenientemente ás persoas que se encontran de baixa médica, sen contestación algunha por parte da dirección. Cabe destacar que para a nosa cidade Correos unicamente realizou 16 contratos de reforzo para o nadal, tendo en conta que o persoal de Correos de reparto na nosa cidade, supón un totalmente insuficiente 7% sobre as prazas de reparto que deberan existir na nosa cidade, sobre 200, pero das cales unicamente estan cubertas o 60% aproximadamente, unhas 120, estando o resto sen persoal fixo. Dende a CGT calculamos que farían falta 40 contratos.
 
Esta carencia de persoal permanente leva a que día a día Correos na nosa cidade teña verdadeiras dificuldades para sacar adiante a entrega de notificacións e da correspondencia, pero nestas datas agrávase aínda mais polo aumento da paquetería.

Fuente: Sindicato Provincial de Correos de A Coruña CGT