En decembro de 2021, RRHH de Navantia comprometeuse a publicar a convocatoria de 2022 no menor tempo posible, estimando que se publicarían no primeiro semestre de 2022.

En xullo deste ano, RRHH de Navantia manifestou que esa convocatoria de prazas sairía en setembro.

De volta das vacacións do verán, Navantia non manifestou nin o máis mínimo interese en que o proceso avanzase. Non só deixou pasar o mes de setembro, tamén todo outubro e todo novembro.

A fin de poder calcular as prazas pendentes de convocar, a Comisión de Formación do comité de empresa botou todos eses meses reclamándolle á empresa insistentemente que entregase o seu balance de ingresos efectivos (houbo prazas que ficaron sen cubrir, houbo novos ingresos que causaron baixa por diferentes motivos…), para poder contrastalos cos datos que se manexan sindicalmente.

Mentres lle negaba os datos á Comisión de Formación, que é a que leva o proceso desde o principio, a empresa negociaba a convocatoria con outra comisión do comité de empresa (a Comisión de Produtividade, na que a CGT está vetada).

Comparando os datos entregados pola empresa á Comisión de Produtividade cos datos dos ingresos efectivos habidos que manexa a CGT, os números exclusivamente para Ferrol que nos saen son estes:

UniversitariosOperarios e empregadosTOTAL
Empresa64102166
CGT2177179

Nota: No caso dos universitarios podería haber algunha lixeira variación pola casuística dos novos ingresos que se foron da empresa. A CGT considera que as baixas por excedencia voluntaria son prazas pendentes de cubrir, posto que non teñen garantía de reingreso. O tema está pendente de concretarse coa empresa. 

Como se pode ver, as diferenzas son moi grandes. Isto débese a que, na convocatoria anterior (2020-21), a dirección de Navantia pediu que se convocasen máis prazas universitarias das que correspondían, comprometéndose a compensar esa desproporción na seguinte convocatoria (ou sexa, a deste ano). Como a CGT sospeitaba, Navantia pretende agora convocar menos prazas de operarios e empregados das que corresponden.

Outro exemplo máis da actuación criminal de Navantia, e por partida dobre:

  • Porque pretende violar o acordado cos representantes dos traballadores.
  • Porque o fai seguindo un modelo de empresa baseado na subcontratación masiva, que é un completo fracaso, como ben sabemos todos os que traballamos en Navantia. E como no caso específico da produción ese modelo persigue a subcontratación total, non queren máis operarios.

A CGT seguirá loitando sen descanso en defensa dos intereses dos traballadores e estudantes que aspiran lexitimamente a ingresar en Navantia, e a favor duns procesos xustos, obxectivos e transparentes, como corresponde a unha empresa pública.

 


Fuente: CGT-A Coruña