Onte, 12 de marzo, en Madrid miles de personas participamos na manifestación convocada pola Confederación Xeral do Traballo (CGT).

Onte, 12 de marzo, en Madrid miles de personas participamos na manifestación convocada pola Confederación Xeral do Traballo (CGT). Os militantes de Vigo y Pontevedra portábamos as pancartas que facían alusión a represión sindical contra os militantes da CGT, os despidos na fábrica de Citröen de Vigo e a convocatoria dunha nova manifestación por ese mesmo motivo en Vigo o día 26 de marzo.
Como dixo o Secretario xeral da CGT non “toleraremos a represión contra os militantes da CGT, como a que está en ocurrir en Citröen de Vigo, en Ford de Valencia e … non debemos delegar o noso protagonismo na loita contra as inxustizas, temos que seguir reivindicando e loitando polos dereitos que nos están sendo arrebatados pola firma do recente pacto social”.