Editorial Trifolium, dentro da súa colección Fume de leña, ven de sacar do prelo Impresións dunha viaxe por Galicia en 1935, de Federica Montseny.

O libro foi traducido ao galego por Enrique Sánchez e leva un limiar asinado polo historiador Eliseo Fernández. A ilustración da cuberta é obra da pintora galega Ánxela Pérez Meilán.


 

Cando
Federica Montseny, unha das figuras máis prestixiosas do movemento
libertario, pois a súa vida é en parte a historia mesma do
anarquismo ibérico, viaxou por Galicia en decembro de 1935, a
expectación creada pola súa presenza era enorme, e non exenta de
polémica. Federica aliñábase na corrente máis radical da CNT, que
impulsara os movementos insurreccionais de 1933, e era moi crítica

Cando
Federica Montseny, unha das figuras máis prestixiosas do movemento
libertario, pois a súa vida é en parte a historia mesma do
anarquismo ibérico, viaxou por Galicia en decembro de 1935, a
expectación creada pola súa presenza era enorme, e non exenta de
polémica. Federica aliñábase na corrente máis radical da CNT, que
impulsara os movementos insurreccionais de 1933, e era moi crítica
coa militancia anarcosindicalista máis moderada.

A
xira tivo lugar entre os días 3 e 16 de decembro de 1935, e
transcorreu polas localidades de Betanzos, Ferrol, Cariño, Santiago,
A Coruña, lugo, Carballo e Ourense. Foron dúas semanas nas que
Federica Montseny traballou por difundir as ideas libertarias nesta
terra, ao tempo que se enchoupaba da paisaxe, das xentes e da
camaradería dos seus correlixionarios en Galicia. Con poucos medios
e moitos atrancos, milleiros de homes e mulleres escoltaron con
abraio a persuasiva e potente voz de Federica.

Federica
Montseny, tal como indica o historiador Eliseo Fernández no limiar
do libro, non só fixo un fructífero traballos propagandístico
entre os homes e mulleres do mar, do campo e da cidade, senón que
ademais, levantou acta da existencia daquela Galicia libertaria que
pasou diante dos seus ollos por algúns días. E difundiu o que vira
neste vívido relato da súa andaina por Galicia, publicado
originalmente por entregas en “La Revista Blanca”, nos primeiros
meses de 1936.

O
relato que recuperamos para a colección Fume de leña é breve, mais
tremendamente condensado. As páxinas da reportaxe reflecten a
admiración que espertou nela a paisaxe galega, daquela case virxe,
que louba continuamente; aparecen tamén descricións e anécdotas de
cada unha das vilas e cidades que percorreu; e mesmo se atreveu a
entrar a analizar, case socioloxicamente, o carácter dos homes e
mulleres do país. Mais, sobre todo, o que distingue a este traballo
doutras reportaxes do estilo é a vívida descrición que fixo
Federica do movemento libertario galego.