O Comité de Empresa de Unisono Soluciones CRM, S.A. ten convocado os traballadores da mesma a concentrarse hoxe en protesta polos 33 despidos que hoxe faranse efectivos.
Esta empresa dedicada o telemarketing tiña ata agora perto de 300 traballadores, con estes despidos e outros que a empresa extraoficialmente ven avisando verá mermada notablemente o seu cadro de persoal.
O Comité de Empresa ten tentado negociar a recolocación de este persoal, a forma dun reingreso posterior ou outras solucións posibles, nembargantes a empresa non quere nin negociar.
Onte tivse unha xuntanza coa empresa, e esta envionos unha representación sen capacidade real de negociar nada, somentes viñan a darnos algunha da información solicitada por nós e non toda.
Ante esta situación hoxe os traballadores e traballadoras de Unísono faremos CONCENTRACIÓNS, hoxe, nas entradas e saídas das quendas de traballo, e dicir, desde as 14:00 hs ás 14:30 hs, e desde ás 16:00 hs ás 17:30 hs. diante da porta da empresa na rúa Gran Vía, nº 104, baixo.
Este Comité ten iniciado tamén actuacións legais para que se free este despropósito, que pola documentación vista por nós carece de calquera legalidade.
Agradeceríamos dérase constancia do que nesta empresa está a acontecer .
Agradecidos.
Olalla Alonso
Presidenta do Comité.
Fuente: CGT VIgo