A manifestación contra o recente desaloxo do C.S.O. Casa das Atochas, convocada para este sábado ás 18 horas na coruñesa praza do Campo da leña, resultou claramente decepcionante. A escasa asistencia de xente (en comparación coa manifa do pasado decembro) tivo coma contrapunto o impresionante despregue de medios policiais, con quince furgonetas de antidisturbios e máis de 100 axentes pertrechados coma pra comezar unha guerra, o que probablemente influiu en que moitos solidarios pasasen de largo ou preferisen atestar os bares da zona pra non ter que atravesar o férreo cerco policial.

Deste modo os valentes que concéntráronse na praza apenas
superaban as dúas centenas, máis ou menos tantos coma na concentración
improvisada da tarde do desaloxo; e iso que cónstanos que nesta ocasión veu
moita máis xente de fora.

O férreo control policial, que impediu calquera movemento
durante a protesta, compensouse pola noite, cando varios grupos de
incontrolados causaron disturbios no centro da cidade, cebándose especialmente
nas cristaleiras das entidades bancarias.

Deste modo os valentes que concéntráronse na praza apenas
superaban as dúas centenas, máis ou menos tantos coma na concentración
improvisada da tarde do desaloxo; e iso que cónstanos que nesta ocasión veu
moita máis xente de fora.

O férreo control policial, que impediu calquera movemento
durante a protesta, compensouse pola noite, cando varios grupos de
incontrolados causaron disturbios no centro da cidade, cebándose especialmente
nas cristaleiras das entidades bancarias.

Casa das Atocha 16abrilVolvendo á protesta da tarde, finalmente a manifestación
non puido sair do Campo da leña polo desproporcionado do despregue policial e
pola actitude agresiva dos madeiros, molestos pola forma na que foran toreados
na concentración do día do desaloxo (neste
mesmo blog aquí
). Pese a que nun momento dado chegaron a ofrecer ós
concentrados a posibilidade de realizar unha curta marcha ata o Campo de Marte,
totalmente escoltados por efectivos policiais, os okupas preferiron non aceptar
compromiso algún con semellantes bastardos.

Poco despois das 19 horas, o
responsable dos antidisturbios deu media hora ós concentrados pra disolverse,
asegurou que se non se lle facía caso comezaría a carga, según dixo, isto o
farían porque “querían ver o partido do barça-madrid” . Pese a todo, a xente
quedou na praza ata ben pasadas as oito.
 Debido ó cerco policial, que obrigaba a identificarse e a
mostrar o contido de bolsas e mochilas a todo aquel que quixese achegarse a
praza, non puideron entrar na concentración as bandeiras nin as antorchas, ata
confiscaron un globo de papel que íase votar ó aire durante a protesta porque
“non pode pasar nada que se poida queimar”.

A unha rapaza que sacou fotos da madeira
levárona por non ter o D.N.I. , aproveitaron o feito pra borrarlle as fotos. O
pouco tempo puido volver á praza.


Unhas horas máis tarde, sempre según a prensa comercial (aquí,
aquí
, aquí
e aquí),
varios grupos de incontrolados, alguno que superaba a treintena de persoas,
produxeron destrozos nas inmediacións do mercado de San Agustín, cruzando
contentores e reventando varias sedes bancarias así como mobiliario urbano.
Pese á investigación aberta polas forzas policiais, que calificaron os actos de
“guerrilla urbana”, polo momento non se coñecen detencións. Os periódicos dín
que tódolos partidos políticos condenan os feitos, cando a verdadera nova sería
o contrario.

________

Enlaces 16/4/2011:


Fuente: abordaxerevista.