A CGT de Pontevedra fai un chamamento a toda a súa afiliación e simpatizantes para acudir á manifestación que os compañeiros de Vigo teñen convocada en solidariedade cos despedidos de Citroën. A Manifestación será o próximo sábado, día 26 de marzo, con saída ás 12,30h da Rotonda de Alcampo en Coia.

A CGT de Pontevedra fai un chamamento a toda a súa afiliación e simpatizantes para acudir á manifestación que os compañeiros de Vigo teñen convocada en solidariedade cos despedidos de Citroën. A Manifestación será o próximo sábado, día 26 de marzo, con saída ás 12,30h da Rotonda de Alcampo en Coia. O remate será no Mirador do Olivo, tras recorrer a Avda Castelao, Camelias e Romil.
¡A solidariedade é a primeira obriga e vontade dos militantes anarcosindicalistas! Moito máis neste caso, de represión pola actividade sindical e en defensa dos traballadores.
O Comité da CGT-Pontevedra