O pasado 28 de outubro, despois de que a Mesa, a Empresa, sindicatos institucionais e “amarillo” decidiran ignorar o laudo arbitral, CGT presentou no xulgado un requirimento para que a autoridade xudicial obrigara ao cumprimento do laudo (que ten forza de sentenza xudicial). Mentras os contrarios á legalidade dicían aos catro ventos empregando como altofalantes todos os medios de comunicación, e os taboleiros de anuncios da propia factoría, que todos eles, absolutamente todos (Empresa, Mesa, institucionais e amarillos) a...
O pasado 28 de outubro, despois de que a Mesa, a Empresa, sindicatos institucionais e “amarillo” decidiran ignorar o laudo arbitral, CGT presentou no xulgado un requirimento para que a autoridade xudicial obrigara ao cumprimento do laudo (que ten forza de sentenza xudicial). Mentras os contrarios á legalidade dicían aos catro ventos empregando como altofalantes todos os medios de comunicación, e os taboleiros de anuncios da propia factoría, que todos eles, absolutamente todos (Empresa, Mesa, institucionais e amarillos) a…
O pasado 28 de outubro, despois de que a Mesa, a Empresa, sindicatos institucionais e “amarillo” decidiran ignorar o laudo arbitral, CGT presentou no xulgado un requirimento para que a autoridade xudicial obrigara ao cumprimento do laudo (que ten forza de sentenza xudicial). Mentras os contrarios á legalidade dicían aos catro ventos empregando como altofalantes todos os medios de comunicación, e os taboleiros de anuncios da propia factoría, que todos eles, absolutamente todos (Empresa, Mesa, institucionais e amarillos) acataban o laudo e que este non dicía nada de anulación do proceso electoral. Pero sempre se colle antes a un metireiro que a un coxo.
Ante a ameza seria de que a autoridade xudicial procedera á anulación inmediata de todo o proceso, Citroën, que como todos eles, acataba o laudo, anuncia ao xuíz encargado do caso a súa intención de presentación, nos xulgados, dunha demanda contra o mesmo. Pero en que quedamos, acatan ou non ? Que sucede aquí ?
O que sucede é que a presentación desta demanda fai que o laudo non adquira firmeza, e polo tanto, haxa que agardar á resolución da mesma para que proceda a súa aplicación. Parece que algúns pola factoría de Vigo están un tanto cagados. Pero non pasa nada, a anulación das eleccións en vez de producirse mañá produciranse dentro dun pouco máis de tempo. Máis nada
En CGT Galicia : http://www.cgtgalicia.org/2010/10/continua-o-proceso-contra-as-eleccions-en-citroen/
CGT GAÑA A IMPUGNACIÓN DAS ELECCIÓNS EN CITROËN
27.10.10
O ARBITRO DA A RAZÓN A CGT ANULANDO O PROCESO ELECTORAL, PERO A MESA, EMPRESA E SINDICATOS INSTITUCIONAIS DESOEN O DITAME E CONTINÚAN CO PROCESO.
“Por tanto se estima la reclamación interpuesta por CGT, anulándose el proceso electoral desarrollado, retrotrayéndose al momento de la entrega del censo laboral existente el día de la convocatoria de la elección de representantes sindicales”. Este é o laudo, de obrigado cumprimento para as partes que se dicta o martes 26 de outubro. Non obstante e despois de tentar convencer aos representantes da Sección Sindical de Citroën ofrecéndolles “un novo marco de relacións entre a empresa e CGT” a Empresa, a Mesa e os sindicatos institucionais xunto co “amarillo”, decidiron na mañá do mércores 28 que o proceso continuara, ignorando a resolución arbitral. Así o vindeiro venres 29 produciranse as votacións que serán inmediatamente denunciadas por CGT.
Pola súa parte CGT presentou no xulgado un requerimento para que este faga cumprir o laudo. Como esta impresentable decisión o proceso electoral na factoría de Vigo verase irrevocablemente enfangado nos tribunais de xustiza.
Dende a CGT tentamos por todos os medios que esta situación non chegara a producirse, avisamos á Mesa, a Empresa, os sindicatos institucionais e incluso ao “amarillo”, pero a prepotencia sempre é mala conselleira. ¿Como un sindicato de clase sen representación no Comité ai ser capaz de recuperar a legalidade da que outros só falan ? Pois si, fumos capaces, aínda que agora todos eles, Empresa, Mesa Electoral, sindicatos institucionais e “amarillos” pretenden outra vez que as leis, en Citroën, non teñan moito valor. Outra vez, igual que hai un mese, volvimos a aconsellarlles que non o fixeran, porque de novo, agora nos tribunais, volveremos a poñelos, a todos, no seu lugar.
http://www.cgtgalicia.org/2010/10/cgt-gana-a-impugnacion-das-eleccions-en-citroen/
Fuente: CGT Vigo