Mércores, día 8 de marzo, as 11:00 hs , nos vestíbulos dos hospitais Xeral e Meixoeiro, (e coincidindo coas concentracións que convocan as asociacións de técnicos sanitarios, en demanda do complemento dos acordos acadados en novembro do ano pasado, que permitiron rematar coa folga que levaban adiante), a CGT fará sendas concentracións en demanda da RETIRADA DO EXPEDIENTE DISCIPLINARIO ABERTO A TERESA VAZQUEZ ARIAS, como represalia da súa actuación en dita folga, e no cal se lle pretende imputar unha falta considerada moi grave, o que conleva unha sanción mínima de dous anos de emprego e traslado forzoso.
A CGT non vai permitir que esta represalia siga adiante e fará todo o necesario que evite que este dislate da Dirección supoña un perxuizo para a nosa compañeira .
Fuente: Javier Prieto Estévez/Sindicato de Sanidade CGT- Fotogalería : Ronny Stansert