CONTRA A REFORMA LABORAL
Dentro de unha campaña a desenrolar nas vindeiras datas, esta é a primeira acción realizada trala sinatura da nova reforma laboral, e que inclue novas concentracións, reparto de folletos informativos, unha manifestación en Vigo e a asistencia a manifestación do 10 de xuño en Madrid
CONTRA A REFORMA LABORAL

Dentro de unha campaña a desenrolar nas vindeiras datas, esta é a primeira acción realizada trala sinatura da nova reforma laboral, e que inclue novas concentracións, reparto de folletos informativos, unha manifestación en Vigo e a asistencia a manifestación do 10 de xuño en Madrid

NOTA DE PRENSA

A/A SECCIÓN LABORAL-ECONOMIA

Asunto : Información sobre a Concentración feita hoxe pola CGT

En Vigo,a 30 de maio de 2006

Hoxe martes, 30 de maio de 2006, delegados sindicais e militantes da CGT fixemos unha CONCENTRACIÓN, as 12:00 hs, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, rúa Concepción Arenal, nº 7.

Unhas 50 persoas, delegados/as e militantes da CGT, na súa maioría, rexeitamos unha vez máis as políticas de Pacto Social permanente, e que a traveso de sucesivas reformas laborais siñifican un claro deterioro dos dereitos e condicións laborais dos traballadores.

A Reforma Laboral asinada o pasado día 9 polo goberno do PSOE, a CEOE e CCOO e UGT, ven a abondar máis nos mesmos conceptos de pactos anteriores e que todos vemos o que foron en canto o aumento vertixinoso da precariedade, a pesar de que como nesta ocasión, dicían que ían mellorar a estabilidade no emprego e a contratación.

Outra vez supón o abaratamento real do despido o xeneralizar a contratación indefinida na práctica con indemnización de 33 días por ano traballado, reduce as cotizacións empresariais, aumenta as bonificacións as contratacións indefinidas, elimina a sobrecota as ETT’s ( e de esperar un novo reponte deste xeito de contratación), solo garante a contratación indefinida na sucesión de contratos temporais nunhas condicións moi específicas e doadas de non respectar polos empresarios, non se frea a subcontratación(solo se controla un pouquiño), e solo se mellora claramente en caso da perda do emprego, subsidio de desemprego para maiores de 45 sen cargas, e as indemnizacións do FOGASA.

Unha vez máis a Patronal saca unha boa tallada das arcas públicas, avanza na súa estratexia de abaratamento do despido e por contra case non se compromete a nada, deixa que sexa tamén o erario público quen mellore as contraprestacións en caso de perda do emprego, e a nos queda seguir sufrindo a precariedade e a explotación cada vez con máis aña e contundencia.

A CGT continuara con esta campaña de denuncia dunha Reforma Laboral claramente perxudicial para os traballadores, unha campaña que terá o seu punto álxido o vindeiro 10 de xuño cun acto central a realizar en Madrid e no cal tamén estaremos presentes a CGT de Vigo.
Saúde e gracias

Atte.

Javier Prieto Estévez

Sª Acción Sindical CGT-Vigo






Par : FED. LOCAL VIGO



Fuente: FED. LOCAL VIGO