Dende o sindicato CGT Correos de Galicia queremos comunicar que mañá, día 18 de decembro,(mércores) ás 12:30 realizaremos unha concentración diante da Dirección de Área Noroeste de Correos, situada na rúa do Franco nro 4 de Santiago de Compostela.
Nesta concentración, na quechegarán compañeiros e compañeiras de toda a nosa comunidade ataviadas co uniforme, protestaremos pola falta de contratación suficiente neste nadal, o que está levando a numerosos retrasos e inconvenientes do servizo. O persoal prestará declaracións. A CGT ten convocada folga nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra por este motivo.
Asimesmo reivindicaremos un novo convenio colectivo, pois o actual leva 11 anos caducado e prorrogado, con máis do 40% do seu redactado por debaixo do que marca o estatuto dos traballadores/as ou das diferentes normativas emanadas de diferentes sentencias.
Por último, pero non por iso menos importante, elevaremos a reivindicación de que desaparezan as xornadas parciais na empresa pública Correos, que ten neste momento na nosa comunidade varios centos de persoas con contratos precarios de 4/5 horas ao dia, ou o que é o mesmo 20 horas por semana, o que supón unha enorme precariedade para estas persoas.
Fuente: CGT Correos A Coruña