O próximo día 3, sábado, ás 12:30 horas, a CGT convoca unha concentración no Obelisco da Coruña. O motivo da concentración é a de facer un chamamento a prol da Folga Xeral que terá lugar en todo o Estado Español o día 8 de marzo, día da muller traballadora. A convocatoria faise en colaboración coa CUT

As reivindicacións fundamentais, para a CGT, son as seguintes:

1. Acabar coa desigualdade no ámbito laboral, económico e social das mulleres respecto dos homes

2. Poñer fin á desigualdade constatada da división sexual do traballo.

3. A retirada das políticas, leis e actuacións do capital que levan a discriminación e desigual oportunidade no acceso ao emprego e na promoción profesional das mulleres, así como o fomento de medidas efectivas para a diminución da maior taxa de paro feminina.

4. A adopción de medidas concretas e inmediatas que acaben coa brecha salarial e a desigualdade nas pensións.

5. Modificar os estereotipos de xénero e a persistencia dos valores masculinos nas estruturas das organizacións.

6. Control sobre as implantacións dos Plans de Igualdade nas empresas.

7. A erradicación do persistente acoso sexual laboral, a precariedade laboral, a temporalidade e a alta taxa de contratos con xornadas parciais que sofren moitas mulleres.

8. O establecemento de políticas laborais sociais e económicas que fagan efectivas a conciliación real da vida familiar laboral e persoal, así como a corresponsabilidade nos coidados.

9. A consideración das tarefas de coidados como traballo remunerado e, polo tanto, con dereito a prestacións contributivas.

10.A equiparación efectiva e real das Empregadas do Fogar ao réxime xeral.

11.A esixencia ao goberno de medidas concretas e efectivas contra a violencia machista.

12.A igualdade material efectiva das mulleres inmigrantes e refuxiadas.

A Coruña, 27 de marzo de 2018

O Comité Local da CGT da Coruña

Fuente: CGT-A Coruña