No pasado mes de xullo a Sección Sindical da CGT en Citroen veuse obrigada a ter que facer unha denuncia pública, ante os traballadores da factoría do grupo PSA-Peugeot-Citroen de Vigo, polo acoso sexual o que estaba a ser sometida unha compañeira por parte do seu mando inmediatamente superior, un ADP (Axudante de Producción).

No pasado mes de xullo a Sección Sindical da CGT en Citroen veuse obrigada a ter que facer unha denuncia pública, ante os traballadores da factoría do grupo PSA-Peugeot-Citroen de Vigo, polo acoso sexual o que estaba a ser sometida unha compañeira por parte do seu mando inmediatamente superior, un ADP (Axudante de Producción).

Esta compañeira puso en coñecemento dos mandos superiores da empresa o que estaba a acontecer, e pedindo solucións. A falla de respostas satisfactorias por parte da empresa para evitar que seguira sufrindo este acoso, fixo necesaria a intervención da Sección Sindical da CGT na empresa.

Tras entrevistarse cos responsables de persoal de Citroen tampouco conseguiuse respostas satisfactorias, polo que o Sindicato acorda facer público o que esta a acontecer , o mesmo tempo que presenta denuncias ante a Inspección de Traballo polo mesmo.

O reparto desta información entre o cadro de persoal da empresa trae como consecuencia posterior a presentación dunha quérella criminal por calumnias por parte do acosador contra a acosada e varios membros máis da CGT en Citroen.

Maña, día 23 de novembro, e a partir das 11:00 horas son chamados a declarar ante o Xulgado de Instrucción nº 2 de Vigo ( c/ Lalín, nº 4, Edificio Novo) os compañeiros e compañeiras denunciados/as

Compañeiros e compañeiras da CGT estaremos acompañando a estes denunciados. Na CGT pensamos que actitudes como a de este acosador non deben quedar impunes, nin sen a denuncia pública pertinente, para que faga desistir de actitudes semellantes a calquera outra persoa impresentable, tentadas a facer un abuso da súa posición dominante en calquera eido.

Na empresa viguesa Citroen teñen mal asumido o incremento de persoal feminino nas súas instalacións. Non é este o único caso de acoso sexual, sen embargo seguen reticentes a por as medidas e medios necesarios para que esto deixe de acontecer . Non deberan ignorar o que está a pasar nas súas instalacións. Non poden agochar as súas responsabilidades e deben investigar tódalas denuncias e queixas que se reciban. Non deberan respaldar os mandos solo por selo, e ser máis consecuentes coas súas responsabilidades co persoal o seu servicio.

Atte.
Javier Prieto Estévez
Sª Acción Sindical CGT-Vigo


Fuente: Javier Prieto Estévez/Sª Acción Sindical CGT-Vigo