Como todos/as sabedes o día 29 de setembro está convocada unha Folga Xeral, CGT foi o primeiro sindicato en presentar a convocatoria, coincidente coa que días despois fixeron os sindicatos maioritarios. CGT leva máis de dous anos nunha campaña encamiñada a convocatoria dunha Folga Xeral, non obstante tamén sabemos que esta folga, a folga do 29 está concebida polos maioritarios como unha “lavada de cara”, xa que non é lóxico convocar unha Folga Xeral contra unha lei aprobada, ¿porque agardar a que se aprobe ?.
Aínda así, dende CGT facemos propia a convocatoria de folga, pero o facemos dun xeito sustancialmente diferente aos maioritario : a folga do día 29 non é máis que un paso dentro da campaña de mobilización contra as medidas do goberno, un paso dentro da campaña de movilización contra as medidas do goberno, un paso necesario e de importancia fundamental, xa que non podemos deixar que un hipotético fracaso desta convocatoria serva de escusa ao goberno e a patronal para dicir que os traballadores /as están a favor das medidas que se aprobaron definitivamente este 9 de setembro. Consecuentemente CGT continuará coas mobilizacións do goberno dende o día seguinte á folga xeral.
Pensamos que está nas mans dos traballadores/as rachar coa concepción que os sindicatos maioritarios fan desta folga xeral do 29 de setembro está nas nosas máns coa participación efectiva nas mobilizacións reconducir a folga para que esta pase a ser ese “lavado de cara” para convertirse no inicio dunha serie de loitas que poidan transformar as medidas do goberno e a patronal.
Non cabe dúbida de que as medidas aprobadas nesta nova Reforma Laboral supoñen un das agresións máis importantes contra os dereitos dos traballadores /as aos /ás que se lle fan único responsables de asumir o esforzo económico necesario para paliar os efectos da actual crise. A Asemblea Extraordinaria do noso sindicato celebrada o pasado 1 de setembro acordou a convocatoria dunha serie de mobilizacións previas á folga xeral, éstas son :
Agardamos a vosa participación nestas mobilizacións previa a Folga e nas que se vaian deseñando posteriores á mesma.
CGT Vigo
En http://www.cgtgalicia.org/2010/09/movilizacions-cara-a-folga-xeral/
Fuente: CGT Vigo