Hoxe mércores 28 de maio, os traballadores da S.E. Correos e Telégrafos S.A secundaron a xornada de folga convocada pola CGT.
Na provincia da Coruña dende CGT califican o seguemento como moi importante, chegando nalgunhas unidades urbanas da Coruña e Santiago a superar o 50% de seguemento entre o persoal de reparto da quenda da mañá e no centro de tratamento automatizado de Santiago de Compostela o seguemento chegou a ser do 75%.
Asimesmo realizáronse concentracións diante da dirección de zona noroeste de Correos (Santiago de Compostela) e na Coruña (Delegación do goberno) (adxuntamos fotografías)
Tras moitos anos de empeoramento do servizo público e das condicións laborais que ocasionaron un gran malestar, esperábase que a negociación do IV Convenio abrise unha xanela ás melloras laborais e do servizo público prestado por Correos. Con todo, a Directiva de Correos encabezada polo presidente Pedro Saura e o Director de Recursos Humanos Fernando Ramírez- puxo sobre a mesa unha batería de agresivas modificacións que, de levarse a cabo, suporía un gravísimo revés para a prestación do servizo postal público. Un dos principais obxectivos do documento, é reducir a masa salarial a un 70% en dous anos (actualmente oscila nun 90%) o que levaría unha redución do persoal de entre 8000 e 10000 postos de traballo segundo cálculos do sindicato CGT, convocante da folga.
Isto suporía unha maior carga de traballo para o persoal restante con zonas de repartición máis amplas e imposibles de repartir diariamente e unha estocada de morte á adecuada prestación do servizo postal público nas condicións que recolle a lei postal.
Durante o mes de decembro do pasado ano producíronse varias reunións para a negociación do devandito convenio. De forma precipitada, o día 30 de decembro de Correos remitiu un documento denominado Acordo Marco Correos e Sindicatos onde situaba os eixos estratéxicos a seguir pola dirección os próximos anos. Redución do persoal (actualmente rolda os 46000 traballadores cando en 2008 eran 66000), flexibilidade horaria con quendas de martes a sábado, aumento do número de efectivos que prestan servizo na tarde, en detrimento da mañá, calendario estacional con bolsa de horas ao servizo da empresa, e retribucións variables vinculadas ao cumprimento duns obxectivos que non son realistas en relación á prestación do servizo.
As mobilizacións do persoal durante os meses de febreiro e marzo para evitar unha desregulación sen precedentes, provocaron que Correos e os sindicatos asinantes acordasen unha prórroga da negociación até o 30 de xuño. CGT denuncia que non pode ser que a negociación expire dentro dun mes escaso e non tivésemos reunións nin documentación nos últimos dous meses.
O persoal non é a culpable da nefasta xestión levada a cabo en Correos nos últimos 20 anos e non podemos ser responsabilizados por iso, reivindican.
Por iso negáronse a asinalo e esixen unha consulta xeral mediante un referendo a todo o persoal previo á firma de calquera acordo que afecte o conxunto do colectivo postal. A nosa primeira reivindicación é o cumprimento literal do servizo encomendado a Correos e garantir que chegamos a todos os domicilios do país diariamente. Esiximos mesmo que se nos dean novas funcións de utilidade pública. Lembremos que somos os único persoal público que chegamos a cada recuncho de España diariamente. Calquera cidadán/a podería realizar calquera xestión coa Administración tratando directamente co carteiro sen necesidade de pedir unha cita ou desprazarse a unha oficina.
CXT convocou folga xeral para o día 28 de maio con actos e concentracións na maioría das capitais de provincia de España, cunha dobre intención: Defender os dereitos dos traballadores e garantir un servizo postal público de calidade para toda a cidadanía e en todo o territorio, sen estar suxeito a criterios de rendibilidade económica.
Fuente: CGT-Correos Coruña