As traballadoras da empresa de telemarketing ABAI concéntranse convocadas pola CGT diante da tenda de Movistar, en protesta pola destrución de postos de traballo nos diferentes servizos de Telefónica.
Trátase de primásea acción visible que ten programa este sindicato, o luns 21 de outubro ás 18:30 está prevista unha nova concentración no mesmo lugar.
O Sindicato denuncia que nos últimos anos a empresa de telecomunicacións non deixou de destruír emprego. As súas subcontratas, ABAI e Atento, reduciron os seus cadros de persoal de maneira dramática nos centros de traballo que teñen nesta cidade no resto do Estado. Nestes momentos, ABAI e Movistar teñen en marcha un ERTE en Madrid que deixará a máis de 100 persoas no paro durante 8 meses.
O representante da CGT declara que «estamos moi preocupadas pola perda de postos de traballo nos servizos de Telefónica. A pesar de que a carga de traballo é a mesma ou maior en moitos departamentos, o cadro de persoal non para de reducirse». «Cremos que as consultas dos clientes de Telefónica están a ser desviadas a centros de chamadas situados noutros países onde as condicións laborais son aínda peores que as que sufrimos nós». «As subcontratas e Telefónica buscan incrementar os seus avultados beneficios á conta da explotación de miles de traballadoras».
A CGT esixe que ABAI e Movistar retiren o expediente de regulación temporal de emprego en Madrid e cesen con desmantelamentos dos centros de traballo.
Fuente: CGT-A Coruña