ARRANCA CON FORZA A FOLGA CONVOCADA POLA CGT NO DÍA DE HOXE NA ÁREA NOROESTE DE CORREOS, CON DIRECCIÓN EN SANTIAGO DE COMSPOTELA
Segundo os datos que estamos recadando a CGT dende primeira hora da mañá arranca con moita forza a folga en Correos convocada pola CGT no día de hoxe, que culminará cunha manifestación, a partir das 12:00 da Praza Roxa de Santiago de Compostela que rematará na rúa do Franco na dirección de Zona Noroeste.
Os primeiros seguementos que nos chegan roldan o 50% do persoal convocado, destacando as carterías da Coruña e Santiago con seguementos de mais do 70%, e no Centro de Tratamento Automatizado de Lavacolla, en Santiago de Compostela, onde o seguemento tamén está ser masivo.
Esta segunda xornada de folga reivindicando un convenio digno para o persoal de Correos, é a continuación da primeira das convocatorias realizada o pasado día 26 de febrero, que foi seguida de xeito moi importante na nosa comunidade, especialmente nas áreas urbanas onde os seguementos superaron amplamente o 60%. Adxuntamos fotografía da unidade principal de Santiago de Compostela coas mesas baleiras de libre uso citando a fonte.
Esta serie de folgas están convocadas por CGT tras moitos anos de empeoramento do servizo público e das condicións laboráis. Só por lembrar, o convenio actual data de 2011, e desde aquela sinaturao salario do persoal diminuiu (en relación ao IPC) un 24%, as áreas de reparto medraron de forma alarmante empeorando as condicións laboráis, instauráronse as xornadas parcias de 4/5 horas para milleiros de persoas, etc…
Entre o persoal agardábase que a apertura da do IV Convenio Colectivo abrise unha xanela á mellora das condicións de traballo do persoal. Mesa de negociación onde está presente o sindicato CGT, como organización representativa a nivel estatal.
Durante o mes de decembro producíronse varias reunións para a negociación do devandito convenio. De forma precipitada, o día 30 Correos remitiu un documento denominado «Acordo Marco Correos e Sindicatos» onde situaba os eixos estratéxicos a seguir pola dirección os próximos anos. CGT e una ampla maioría do persoal rexeitan este acordó, tal como está a demostrar o seguemento das folgas
O documento recorta aínda mais as precarizadas condicións de traballo do persoal de Correos, pretendendo a redución do persoal (actualmente rolda os 48000 traballadores cando en 2008 eran 66000 os carteiros), flexibilidades horarias, bolsa de horas ao servizo da empresa, aumentar o número de persoas que traballan na tarde e na fin de semana, da empresa, retribucións variables vinculadas ao cumprimento de obxectivos, etc.
Así mesmo, este Acordo sitúa a pretensión de Correos de implementar un plan de saídas «low cost» voluntarias incentivadas para persoas traballadoras de máis de 61 anos, pero con incentivos económicos insuficientes (un ano de salario), o que levará que os traballadores se vexan abocados a solicitar a xubilación voluntaria anticipada coa diminución que supón para a contía das súas pensións de xubilación
A empresa pública (a maior de España) busca introducir todos estes cambios canto antes e, por iso, deseñou a negociación en dúas fases. Unha primeira até o 15 de marzo, momento no cal, se se produce a firma da maioría sindical, aprobaríase este Acordo Marco que modificaría o actual Convenio. Outra segunda fase desenvolveríase posteriormente -sendo o 1 de outubro deste ano a data indicada para concluír- e nela abordaríanse os temas e eixos restantes até elaborar o IV Convenio Colectivo.
A CGT por medio desta folga esixe a retirada dese acordó asinado por CCOO, UXT e CSIF e chama ao persoal a loitar por un convenio digno, por una recuperación salarial suficiente e pola mellora en xeral das condicións de traballo do colectivo postal.
Fuente: CGT-Correos Coruña