Abai Business Solutions, S.A.U. plantexa un ERTE ( expediente de regulación temporal de emprego) que afecta a 341 traballadoras e traballadores en todo o Estado español, 70 no centro da Coruña.
Abai é unha empresa de telemarketing que ofrece servizo a grandes compañías como Movistar, Taxdown, Inditex ou administracións publicas como foi o caso da Xunta de Galicia que lle adxudico un contrato millonario polo servizo de rastrexo do Covid-19, servizo que prestou a penas durante 6 meses e de forma caótica, vulnerando en moitos casos os dereitos do personal contratado de forma temporal.
Este ERTE supón un paso máis na estratexia que ten en marcha esta Dirección que consiste en precarizar aínda máis as condiciones laborais e arrebatar os dereitos adquiridos.
O Comité de Empresa do Centro da Coruña oponse frontalmente a este Expediente co que se pretende mandar ao paro durante 12 meses prorrogables ás persoas afectadas, o que conleva un grave prexuízo económico. Este Comité considera totalmente inxustificado este ERTE nunha empresa que presume publicamente de millonarios beneficios.
O 13 e o 19 de xuño están convocadas, en todos os centros de traballo, dúas xornadas de folga de 24 horas. Coincidindo coa primeira, o 13 de xuño, os sindicatos que forman parte do Comité do centro da Coruña ( CGT, CCOO, CIG e UGT) teñen programada unha concentración ás 12.00 diante do centro de traballo, situado no edificio Proa, no barrio de Matogrande, baixo o lema «NON AO ERTE EN ABAI».
Fuente: Comité de empresa de Abai Business Solution, S.A.U. na Coruña