Ante a aprobación, polo Parlamento de Galicia, da modificación da Lei de función pública de Galicia, a CGT fai público o seguinte :

Ante a aprobación, polo Parlamento de Galicia, da modificación da Lei de función pública de Galicia, a CGT fai público o seguinte :

1) É impresentable que, tras estar parada a súa tramitación durante meses, aprobárase agora, en período estival e por sorpresa, unha modificación que, segundo o propio Touriño, é provisional ata que se aprobe unha nova lei acorde co Estatuto Básico do Empregado Público, aprobada polo Parlamento español o pasado maio e que obriga a adaptar toda a lexislación sobre o tema. Para este sindicato, a aprobación dunha norma obrigada a desaparecer en breve tempo, ou é unha irresponsabilidade ou obedece a intereses non confesados.

2) A CGT rechaza a figura do concurso-oposición como sistema “normal” de acceso á administración, xa que conculca gravemente o principio de igualdade e terxiversa o concepto de mérito, porque considera como tal o estar na administración tendo entrado por pura decisión “dixital” do xefe político de turno. Para nós, non cabe máis sistema normal que a oposición, sendo as outras solucións de carácter extraordinario e sempre a negociar.

3) Denunciamos como verdaderamente contrario ás lexítimas aspiracións de mellora dos traballadores a intención da Xunta de non ofertar nos concursos ordinarios de traslados as prazas de libre designación (tanto as da administración do PP como as novas 119 creadas polo PSOE-BNG) ata o ano 2010. Isto só pode significar a clara intención de consolidar nestes postos aos seus amigos e partidarios, que poderán participar nese ano nun concurso con garantías de obter o posto en propiedade, en lugar de concorrer agora en igualdade de condicións co resto dos funcionarios sin que se valore como mérito o ter sido amigo de alguén.

4) Sabíamos que os políticos non teñen dignidade. Agora sabemos tamén que non teñen vergoña ao aprobar, para os ex altos cargos, un soldo perpetuo de alto cargo, desempeñe a función que desempeñe, agraviando aos seus compañeiros e ao resto dos cidadáns que estarán pagando a centos de personaxes por un traballo que non fan.


Fuente: CGT Vigo