A central CGT, con representación no comité de empresa da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, criticou que esta entidade convoque prazas para persoal de fóra de convenio e, en cambio, que non se aposte por ampliar o plantel de traballadores dentro dese marco.

A CGT indicou que, a pesar das solicitudes de ampliar as prazas de gardapeiraos, estas non van adiante “con argumentos de que a situación económica non é a máis axeitada”, mentres que, sinala o sindicato, “convocan agora un posto de xefe de unidade de infraestructuras, fóra de convenio”.

Asimesmo, este sindicato amosou a súa sorpresa polo feito de que na reunión do luns co presidente do Porto non se debatisen todos os temas que, en principio e segundo a CGT, se ían tratar.

Neste sentido, a CGT afirmou que o comité de empresa non deu traslado ao Porto, “tal e como era a súa obriga”, das denuncias presentadas por este sindicato a ese órgano sobre “intrusismo laboral” no corpo de gardapeiraos. Por elo, desde a CGT anuncian que estudian emprender as medidas xudiciais que sexan pertinentes contra os responsables do comité de empresa “que non cumpriron co que era o seu deber”.

Por último, a central sindical tamén desexa pedir explicacións ao Porto de en qué criterios de mobilidade funcional se basou para transladar a un xefe de equipo de celadores-gardapeiraos a unha embarcación da rada, a “Crucelas”.