A empresa pública Correos S.A.E contratou a persoas sen estar nas listas de contratación e sen ter superado ningún tipo de proceso selectivo a varias persoas neste verán para traballar no reparto e en Atención ao Cliente. A CGT tivo constancia destes contratos irregulares efectuados en Carballo, A Coruña e, especialmente, no pavillón postal que Correos ten perto do Aeroporto de Lavacolla. Alén diso estamos tamén a investigar supostas contratacións irregulares en Coristanco e Rutis.

Para elo a Xefatura de Zona filtrou, por medio de xefes de sector e xefes de unidade, a información só a unha serie de persoas “achegadas” (familiares, amigos e coñecidos) que Correos precisaba xente para traballar neste mes de Agosto, por estar (supostamente) as bolsas de contratación esgotadas e alegando que “non encontraban en ningún sitio xente que quixera traballar”. A CGT entende estas escusas como vergoñentas nunha provincia con máis de 80000 persoas buscando traballo.

Para elo a Xefatura de Zona filtrou, por medio de xefes de sector e xefes de unidade, a información só a unha serie de persoas “achegadas” (familiares, amigos e coñecidos) que Correos precisaba xente para traballar neste mes de Agosto, por estar (supostamente) as bolsas de contratación esgotadas e alegando que “non encontraban en ningún sitio xente que quixera traballar”. A CGT entende estas escusas como vergoñentas nunha provincia con máis de 80000 persoas buscando traballo. Desde o noso sindicato entendemos, ademais, que no caso de que realmente Correos necesitara a persoas para traballar debería ter acudido aos servizos públicos de emprego ou facer reabrir as bolsas de contratación eventual de xeito transparente e público a toda a cidadanía tal como lle indica o convenio colectivo en vigor.

Lembremos que estamos a falar de contratación nunha empresa pública onde a lexislación deixa claro que os contratos deben ser ofrecidos a toda a cidadanía de xeito transparente para lograr a igualdade de oportunidades de traballar. Desde o punto de vista da CGT Correos cometeu unha grave infracción na elaboración de contratos públicos ao non publicar en ningures as bases para a contratación, os méritos cuantificábeis nin ningún outro dos requisitos imprescindibles.

A nosa organización sindical ven de rexistrar, no día de hoxe, unha denuncia (enviamos copia) por este motivo a Inspección de Traballo de A Coruña para que investigue este grave fraude e se penalice o que entendemos como unha infracción moi grave. Tamén estamos a estudar levar este asunto á fiscalía anticorrupción por prevaricación no sector público.

Máis información

Xan Jove González

Segredario Estatal de Acción Sindical de CGT Correos.

A Coruña a 31/08/2015

 


Fuente: Acción Sindical de CGT Correos