O próximo 23 de novembro, sábado, a organización anarcosindicalista inaugura o seu novo local que está situado na rúa Entrepeñas, número 6.
A inauguración comezará ás 12.30, cun acto no que se fará un repaso á historia do sindicato na cidade, ao que están convidados diferentes colectivos sociais.
O sindicato quere que este novo local sexa un lugar de encontro para a militancia, ao mesmo tempo que un espazo aberto onde levar a cabo actividades culturais e reivindicativas encamiñadas á conquista de novos dereitos sociais e laborais para a clase traballadora. Tamén contará cun arquivo histórico e unha biblioteca con numerosos volumes sobre o anarquismo e o movemento obreiro. Comeza unha nova etapa dunha organización fundada na Coruña o ano 1871 e que leva, polo tanto, máis de 150 anos de historia en defensa dos intereses da clase traballadora.
Fuente: CGT-A Coruña