A CGT acusa á directiva da agrupación de mariscadoras de Vilaxoán de fomentar o “intrusismo laboral” ó encomedar ás socias deste colectivo as tarefas de vixiancia das concesións marisqueiras.


A CGT acusa á directiva da agrupación de mariscadoras de Vilaxoán de fomentar o “intrusismo laboral” ó encomedar ás socias deste colectivo as tarefas de vixiancia das concesións marisqueiras.

Segundo explicou José Luis Collazo, a CGT “denunciará hoxe mesmo ante Inspección de Traballo este caso de intrusimo laboral na confraría de Vilaxoán”.

Collazo asegura que “a organización dos programas de vixiancia na pesca e o marisqueo corresponden por lei a Xunta a través de empresas de seguridade e gardas particulares de campo” e non ás propias mariscadoras.

Segundo explica este responsable da CGT, entre os meses de febreiro e marzo celebrouse unha reunión da Xunta Xeral do pósito “na que as representantes das mariscadoras se abstiveron de votar este punto”.

Collazo considera que dende entón “dóuselle o tempo necesario ás mariscadoras para buscar unha saída a esta cuestión, pero máis que solucionar o problema, dende a directiva seguen fomentando o intrusismo laboral, baixo amenaza, seguen convocando as mariscadoras para que vaian a realizar as tarefas de vixiancia, en contra da súa vontade e coa opinión contraria da confraría”.

Rexeitan un convenio que dá liberdade para fixar as xornadas de limpeza

A CGT tamén abordará nesta entrevista cos responsables de Inspección de Traballo o seu rexeitamento a un convenio entre a Xunta e o ISM que “permite por capricho darlle ás directivas das agrupacións de mariscadoras a posibilidade de impoñer os días de limpeza dos bancos marisqueiros nas xornadas nas que elas queiran”. Collazo teme que deste xeito se poidan impoñer xornadas de limpeza en festivos ou en sábados ou domingos, días nos que a CGT considera que no se deben realizar estas tareas salvo no caso dunha emerxencia.

Este sindicato tamén abordará a ampliación das xornadas anuais sen facelo o mesmo coas bases de cotización. Deste xeito, según Collazo, “cabe a posibilidade de reclamar ante a Seguridade Social polos periodos que teñen os mariscadores de incapacidade temporal”.

Están a espera de manter unha entrevista con director provincial do ISM para profundizar neste asunto.