ESTÁN SEN REPARTIR MAIS DE 20000 CARTAS E NOTIFICACIÓNS E UNS 1000 PAQUETES DENDE FAI UNHA SEMANA
 
O SEGUEMENTO DA FOLGA É DUN 90% DO PERSOAL
 
(Na unidade están acumuladas sobre 120 caixas de correo. adxuntamos fotografías realizadas hoxe na propia unidade para comprobación destes datos)
Xa o día da folga do persoal da unidade de reparto da rúa Entrepeñas. Estos graves retrasos están afectando ás zonas da Agra, Os Rosais, Ventorrillo, Labañou, Cidade Ecolar, e iso é así a pesar de que o persoal denuncia medidas anti-folga por parte de Correos como o desvío de carga de traballo outras unidades para que repartan parte dos obxectos postais ou a substitución irregular do persoal encargado de trasladar o material entre as unidades.
 
Lembremos que esta unidade xa levara a cabo tres concentracións para denunciar que a pesar de estar inmersos en plena campaña de paquetería unicamente estan dispoñibles 10 persoas para cubrir as  das 22 seccións de reparto existentes, debido a que Correos négase a cubrir as vacantes estructurais existentes e e as ausencias temporais, por baixas, etc. 
 
O persoal está a contactar coas asociacións de veciños/as para explicar a súa problemática e xa recibeu o apoio da asociación de veciños/as de Labañou, «Francisco Rodríguez Otero».
 
O persoal reclama que exista durante todo o ano o persoal estructural suficiente e estable para levar a cabo o servizo postal nestas zonas da cidade e os reforzos necesarios durante as campañas extraordinarias (eleccións, nadal, etc)
Ademáis esta carencia de persoal conleva unha sobrecarga no persoal dispoñible, e ese sobre esforzo está levando a problemas de saúde, por exemplo son varias as persoas que están de baixa relacionadas con problemas de articulacións por asumir rutas que son moito mais longas do habitual.

Fuente: CGT Correos A Coruña