CGT convoca manifestación o 1º de Maio en Vilagarcía. Sairá ás 12 do
mediodía da Praza Ravella e rematará cun mitin na Praza de Galicia.
O obxecto da manifestación é celebrar o 1º de maio, baixo o lema “Fronte as agresións do Estado e do Capitalismo: Movilización”.
Paro, reforma laboral, pensionazo, represión e despidos disciplinarios antisindicais, militarismo e guerra, corrupción e inxustiza, destrucción de vidas e da natureza ,… estas son, entre outras, as brutais agresións que os Estados (a organización política do autoritarismo e a opresión) e o Capitalismo (a organización económica da desigualdade e a explotación social) están dirixindo contra a humanidade no seu conxunto. Tanto neste país como en todos os lugares do planeta.

Manifestarémonos este Primeiro de Maio ¡Polo reparto da riqueza e do traballo e a solidariedade internacional dos agredidos!.
CGT – Arousa