Mais de 300 traballadores/as de Correos manifestáronse hoxe por Compostela convocados/as pola CGT en defensa dunhas condicións de traballo dignas.

A folga tivo un segumento mi significativo, especialmente en lugares estratéxicos como o Centro de Tratamento Postal de Lavacolla, que presta servizo a todo o noroeste onde o turno da mañá, o mais numeroso, tivo un seguemento de mais do 90%, o que significa que hoxe e mañá practicamente non haberá reparto postal en moitas vilas de Galicia

Nas unidades de reparto podemos sinalar sobre un 50% de seguemento entre o persoal convocado, destacando as carterías da Coruña e Santiago con seguementos medios en ámbalas dúas cidades de máis dun 60%

Noutras vilas e cidades o seguemento foi tamén importante, pero desigual. Ferrol, 30%,Oleiros 40%, Culleredo 40%, Carballo 60%, Arteixo 50%, por citgar algunhas vilas

Dende a CGT calificamos o seguemento como de rotundo éxito e instamos á dirección e aos sindicatos asinantes a retirar inmediatamente o documento «acuerdo marco», e apostar por un convenio que mellore significamente as condicións e traballo máis precarias que existen no sector público.

CONTEXTO:

Esta segunda xornada de folga reivindicando un convenio digno para o persoal de Correos, é a continuación da primeira das convocatorias realizada o pasado día 26 de febrero, que foi seguida de xeito moi importante na nosa comunidade, especialmente nas áreas urbanas onde os seguementos superaron amplamente o 60%. Adxuntamos fotografía da unidade principal de Santiago de Compostela coas mesas baleiras de libre uso citando a fonte.

Esta serie de folgas están convocadas por CGT tras moitos anos de empeoramento do servizo público e das condicións laboráis. Só por lembrar, o convenio actual data de 2011, e desde aquela sinaturao salario do persoal diminuiu (en relación ao IPC) un 24%, as áreas de reparto medraron de forma alarmante empeorando as condicións laboráis, instauráronse as xornadas parcias de 4/5 horas para milleiros de persoas, etc…

Entre o persoal agardábase que a apertura da do IV Convenio Colectivo abrise unha xanela á mellora das condicións de traballo do persoal. Mesa de negociación onde está presente o sindicato CGT, como organización representativa a nivel estatal.

Durante o mes de decembro producíronse varias reunións para a negociación do devandito convenio. De forma precipitada, o día 30 Correos remitiu un documento denominado «Acordo Marco Correos e Sindicatos» onde situaba os eixos estratéxicos a seguir pola dirección os próximos anos. CGT e una ampla maioría do persoal rexeitan este acordó, tal como está a demostrar o seguemento das folgas

O documento recorta aínda mais as precarizadas condicións de traballo do persoal de Correos, pretendendo a redución do persoal (actualmente rolda os 48000 traballadores cando en 2008 eran 66000 os carteiros), flexibilidades horarias, bolsa de horas ao servizo da empresa, aumentar o número de persoas que traballan na tarde e na fin de semana,  da empresa, retribucións variables vinculadas ao cumprimento de obxectivos, etc.

Así mesmo, este Acordo sitúa a pretensión de Correos de implementar un plan de saídas «low cost» voluntarias incentivadas para persoas traballadoras de máis de 61 anos, pero con incentivos económicos insuficientes (un ano de salario), o que levará que os traballadores se vexan abocados a solicitar a xubilación voluntaria anticipada coa diminución que supón para a contía das súas pensións de xubilación

A empresa pública (a maior de España) busca introducir todos estes cambios canto antes e, por iso, deseñou a negociación en dúas fases. Unha primeira até o 15 de marzo, momento no cal, se se produce a firma da maioría sindical, aprobaríase este Acordo Marco que modificaría o actual Convenio. Outra segunda fase desenvolveríase posteriormente -sendo o 1 de outubro deste ano a data indicada para concluír- e nela abordaríanse os temas e eixos restantes até elaborar o IV Convenio Colectivo.

A CGT por medio desta folga esixe a retirada dese acordó asinado por  CCOO, UXT e CSIF e chama ao persoal a loitar por un convenio digno, por una recuperación salarial suficiente e pola mellora en xeral das condicións de traballo do colectivo postal.


Fuente: CGT-Correos Coruña