Hoxe, 18 de decembro o persoal de Correos chegado de todos os rincóns de Galicia realizou unha concentración diante da Dirección de Área Noroeste de Correos, situada na rúa do Franco nro 4 de Santiago de Compostela.
Nesta concentración, na que chegarán compañeiros e compañeiras de toda a nosa comunidade ataviadas co uniforme, o persoal chamou a atención da grave falta de contratación suficiente neste nadal, o que está levando a numerosos retrasos e inconvenientes do servizo, o que está sendo especialmente grave na cidade da Coruña. O persoal acusa á dirección zonal de racanería na contratación que pon en risco a saúde do persoal e xera retrasos na entrega da correspondencia, na paquetería e nas notificacións administravas.
Un dos exemplos máis extremos desta falta de previsión e racanería é a UR3 da Cidade da Coruña, onde de 22 postos de traballo 5 postos están sen cubrir de forma permanente e 7 persoas encóntranse en situación de baixa laboral relacionada coa sobrecarga de traballo. Para suplir a carencia de 12 persoas Correos unicamente realizou a contratación de 4 persoas, o que é totalmente insuficiente.
Asimesmo reivindicaremos un novo convenio colectivo, pois o actual leva 11 anos caducado (dende o 2013) e prorrogado, con máis do 40% do seu redactado por debaixo do que marca o estatuto dos traballadores/as ou das diferentes normativas emanadas de diferentes sentencias. No día de onte, CGT ergueuse da mesa negociadora ante as propostas de Correos, que o sindicato non dubida en calificar de inasumibles e impropias dun equipo de xestión dunha empresa e dun servizo público.
Por último, pero non por iso menos importante, elevaremos a reivindicación de que desaparezan as xornadas parciais na empresa pública Correos, que ten neste momento na nosa comunidade varios centos de persoas con contratos precarios de 4/5 horas ao dia, ou o que é o mesmo 20 horas por semana, o que supón unha enorme precariedade para estas persoas. Concretamente na unidade de Teo o persoal leva varias semanas realizando paros e folga intermitente para forzar ese aumento, o que incluso levou a una aprobación unánime do Pleno dese concello en apoio ao persoal e solicitando un reforzo do servizo nesa vila.
Fuente: CGT Correos A Coruña