A organización anarcosindicalista inaugurou este sábado o novo local situado na rúa Entrepeñas coa militancia do sindicato e outros colectivos sociais da cidade.
Tamén estivo presente o secretario xeral da CGT de Galicia e unha representación do Secretariado Permanente do Comité Confederal.
A xornada comezou cun acto dedicado á recordar a historia do sindicato e da Casa Sindical na cidade así como as persoas que tiveron un papel destacado nos anos de reconstrucción e recuperación da Federación Local Obreira da Coruña. A este acto acudiu un nutrido número de afiliados e afiliadas e representantes doutros colectivos sociais. Posteriormente, os asistentes tiveron ocasión de gozar de música en directo, a cargo de “Pan de Millo”.
A CGT ten como obxectivo facer deste local un espazo de encontro da militancia do propio sindicato e doutras organizacións. “Queremos que o local da CGT sexa un lugar de encontro onde levar a cabo accións reivindicativas e culturais que nos permitan avanzar na conquista de novos dereitos laborais e sociais para a clase traballadora”. Tamén destacan que é froito do compromiso e da contribución da afiliación, que acadou a propiedade do local con fondos propios, sin ningún tipo de subvención. “Estamos moi orgullosas de que conseguísemos este espazo unicamente coas cotas das afiliadas e afiliados”.
Os presentes tamén puideron ver a exposición “Mujeres libres”, así como o arquivo que conta con numerosos documentos sobre o movemento obreiro e o anarquismo de un gran valor histórico. “Co arquivo e a biblioteca levaremos a cabo actividades divulgativas que sirvan para dar a coñecer a historia da loita da clase traballadora e o movemento libertario”.
A Federación Local Obreira conta con máis de 150 anos de historia na cidade e foi e é un referente no movemento libertario, xa que participo una fundación da CNT e, posteriormente, da CGT. O sindicato está presente cada día en máis sectores e participa en numerosas accións reivindicativas en colaboración con outras organizacións.
Fuente: CGT-A Coruña