A CGT denuncia que Movistar leva anos destruíndo postos de traballo en ABAI e Atento, dúas das súas principais subcontratas.

A CGT convoca dúas concentración diante da tenda que ten Movistar na rúa Barcelona (A Coruña). A primeira terá lugar este venres 18 de outubro ás 11:30 e a segunda será o luns 21 ás 18:30, baixo o lema «non á destrución dos postos de traballo».

Estas protestas danse despois de que ABAI, en complicidade con Movistar, decidise executar un ERTE que afecta a 140 persoas nun centro de traballo de Madrid. Desde a CGT sinalan que ambas empresas utilizan a formula do ERTE para destruír postos de traballo de maneira paulatina. Unha teleoperadora, cun salario medio de 800 euros ao mes, non pode sobrevivir 8 meses cobrando parte dese salario e sen capacidade de aforro.

A CGT sinala que a pesar de existir unha carga de traballo desmesurada, Movistar non deixou de reducir persoal nos últimos anos a través de EREs, ERTEs, modificacións substanciais das condicións de traballo ou mobilidades xeográficas levadas a cabo polas súas subcontratas.

Recentemente, Atento, una das principales empresas do sector do telemarketing, inventouse unha mobilidade xeográfica que impuxo unha condicións ás traballadoras imposibles de asumir o que provocou a destrución de centos de postos de traballo no Estado español.

Os datos son alarmantes, na última década, no centro de Abai na Coruña traballaban case 1200 traballadoras, a día de hoxe quedan unhas 400 e Atento pasou máis do mesmo.

Desde a CGT esixen que se poña fin a esta sangría por parte dunha empresa que foi pública e que actualmente conta entre os seus accionistas co Estado español.

Este Sindicato sospeita a que as chamadas están a ser desviadas ás platafaformas que teñen as subcontratas noutros países onde as condicións laborais das teleoperadoras e os teleoperadores son aínda máis precarias, co fin de incrementar os seus avultados beneficios.

A CGT esixe que Abai retire o ERTE en Madrid e que acabe a destrución de postos de traballo.


Fuente: CGT en ABAI Coruña