Moderada incidencia na provincia da Coruña na xornada de Folga Xeral e Xornada de Loita convocada pola CGT e Solidaridad Obrera en solidariedade con Palestina e en protesta polo xenocidio contra o seu pobo perpetrado polo sionismo asasino.

Na Coruña houbo incidencia no transporte ferroviario coa supresión dun dos trens que unen A Coruña con Vigo. Houbo un seguimento salientable no sector de telemárquetin e na empresa de Correos, sendo no resto dos sectores e empresas un seguimento parcial.  

En Compostela houbo incidencia pola participación de folguistas en RTVE Galiza. Tamén houbo unha notable participación na manifestación que saíu ás 12:00 da Praza Roxa.

En Ferrol producíronse concentracións nutridas diante das empresas Navantia e Emafesa (Augas de Ferrol).

Ao longo do día, produciranse manifestacións e concentracións en solidariedade co pobo palestino, co apoio de colectivos sociais, en:

A Coruña: 20:00 no Obelisco

Compostela: 19:00 na Praza do Obradoiro

Ferrol: 20:00 na Praza Vella


Fuente: CGT-A Coruña