O persoal da empresa de Contact Center, convocado polo comité de empresa, protestará o vindeiro xoves día 17 pola última agresión de Atento, que onte se desfixo de dúas compañeiras e un compañeiro do servizo de atención ao cliente de Pymes de Movistar, comunicándolles o seu despido comezada xa a súa xornada, e aducindo miserentas mentiras adornadas de despido «obxectivo» baseado en inexistentes causas organizativas, económicas e de produción.

Sairemos á rúa para denunciar a infamia de Atento, que xusto a pasada semana e coincidindo coa visita de distintos xerifaltes da compañía, nada comunicou da difícil situación laboral que agora argumenta con vileza para perpetrar 3 inxustos despedimentos. Non cabe outra interpretación cando o propio departamento de Relacións Laborais non ten reparos en recoñecer nos despachos que as supostas causas para acometer os despidos non son máis que descarados embustes.

O próximo xoves ás 14:00 horas berraremos na rúa Juan Flórez 80-82 pola readmisión das compañeiras e o compañeiro despedidos, loitando polos nosos postos de traballo e combatendo o poder de decisión das empresas para despedir de xeito impune, sen más motivos que a falta deles.


Fuente: CGT-Atento A Coruña