Ante a decisión gobernamental de obrigar á práctica totalidade da clase obreira a un confinamento xeneralizado en situación dun suposto "permiso retribuído recuperable", a CGT de Galicia manifesta o seguinte:
1. Denunciamos a falacia que supón denominar permiso retribuído a unha situación
que, por un lado, é obrigatoria -non é, polo tanto, un permiso- e que, en segundo lugar,
hai que recuperar -non é, polo tanto, retribuído-. Tratase, simplemente, dunha
redistribución irregular da xornada laboral decidida unilateralmente polo goberno.
2. Con esta decisión, québrase toda a lexislación laboral sobre xornada e descansos ao
permitir que se estableza, na recuperación, unha xornada superior á lexislada ou á
1. Denunciamos a falacia que supón denominar permiso retribuído a unha situación
que, por un lado, é obrigatoria -non é, polo tanto, un permiso- e que, en segundo lugar,
hai que recuperar -non é, polo tanto, retribuído-. Tratase, simplemente, dunha
redistribución irregular da xornada laboral decidida unilateralmente polo goberno.
2. Con esta decisión, québrase toda a lexislación laboral sobre xornada e descansos ao
permitir que se estableza, na recuperación, unha xornada superior á lexislada ou á
convida. Rexeitamos que isto se faga por decisión gobernamental unilateral e non polos
mecanismos establecidos legalmente (fundamentalmente, a negociación colectiva).
3. Deixar en mans da patronal a decisión final -en caso de falta de acordo- de cómo a
empresa vai recuperar ditos días, suporá un novo recorte nos dereitos laborais,
coñecendo o carácter cuasiescravista da patronal, sempre proclive a laminar calquera
dereito sindical.
4. Esta situación agravarase no caso de quen teña concedida a conciliación, que se verá
obrigado a negociar novamente a súa situación e distribución de xornada. Hai que ter en
conta que, en numerosas ocasións, tiveron que conseguila acudindo aos tribunais, polo
que no será de estrañar que volvan a necesitar xudicializar a cuestión, perdendo meses
antes de que los xuíces lles volvan dar a razón.
5. Se esta situación durase só quince días, habería que recuperar unhas tres horas semanais
ata fin de año. Se a situación se prolongase máis no tempo, la recuperación convertería
a xornada do persoal afectado en algo intolerable propio de situacións de
escravitude, por non falar da posible perda das vacacións no proceso.
6. É intolerable a situación da Inspección de Traballo. Os seus medios son totalmente
insuficientes en situación de normalidade e moito máis na actual, limitándose, cando
actúa, a reconvir ou exhortar ao empresariado e a dicirlles aos traballadores e
traballadoras que acudan aos tribunais. Non se pode esperar que as situacións de
inxustiza sexan resoltas pola Inspección.
Novamente, el goberno actúa sen ter en conta a clase obreira e a realidade das relacións laborais
reais existentes nos centros de traballo e na maioría das empresas: unha absoluta indefensión del
persoal ante as decisións e abusos empresariais. Non se pode pedir que sexan os traballadores os
que paguen a crise sanitaria e debe esixirse ás empresas que asuman as consecuencias da súa
actividade ou, neste caso, da ausencia dela. Tampouco esquecemos a actitude colaboradora e
vergoñenta de CCOO-UGT.
Soamente a organización e unión da clase obreira poderá facer fronte aos abusos da patronal e á
complicidade gobernamental. Por isto o noso chamamento a non deixarse levar pola resignación,
senón á loita contra toda inxustiza. Combatamos o COVID-19, pero tamén o virus capitalista;
este si que está durando demasiado.
A Coruña, 1 abril 2020.
Fuente: CGT-Galicia