Os vindeiros días 26, 27 e 28 de xullo o persoal do centro de traballo de Atento na rúa Juan Flórez está chamado a secundar tres xornadas de folga de 24 horas. A convocatoria realízana CGT e CIG, representación maioritaria das e dos traballadores.
As principais reivindicacións da convocatoria son o cese dos despedimentos (16 desde o remate do pasado ano), das presións e do excesivo control das xornadas de traballo; que se imparta a formación profesional que precisamos, que se garanta unha organización racional do traballo para que non se vexa perxudicada a nosa saúde e que as aplicacións e programas informáticos que empregamos funcionen correctamente e de xeito continuado.

A nova solución de Atento para paliar este ambiente laboral insalubre que ela mesma provoca é a posta en marcha dunha proba piloto que consiste en que unha empresa allea pretenda reducir o absentismo laboral baixo a ameaza de retirar os complementos salariais as persoas de baixa médica.
Con Atento non hai outra maneira: non imos quedar sen actuar mentres nos seguen machucando e desfacéndose de nós miserentamente. A mobilización é a única linguaxe que a empresa entende e temos o convencemento de que mentres Atento non nos respete a loita é a mellor ferramenta para defender os postos de traballo, mellorar nas nosas condicións laborais e a nosa saúde.
A Coruña a 23 de xullo de 2019
Fuente: CGT-A Coruña