O goberno de Feijóo xa presentou o anteproxecto de lei de “medidas no emprego público”. Este anteproxecto, como xa se viña anunciando, contén unha serie de medida que non son máis que un ataque aos servizos públicos e aos seus traballadores.
Podes descargar o documento, premendo na seguinte ligazón: Anteproxecto de Lei de Medidas no Emprego Público.
As medidas son as seguintes:
As medidas son as seguintes:
- Os empregados que estean de baixa por continxencias comúns non
percibirán ningún complemento sobre o que paga a Seguridade Social ata o
día 21 da baixa. Non cobrarán nada os tres primeiros días e percibirán o
60% entre o cuarto e o vixésimo día. A partir do día 21 cobrarán o
100%. É unha discriminación con respecto aos empregados que estean en
mutuas de funcionarios (Mugeju ou Muface, que cobrarán o 100% durante
varios meses. Tampouco está claro como se vai aplicar aos laborais, que
teñen recoñecidos os complementos por convenio colectivo. - Suspéndese o Fondo de Acción Social, agás a axuda a persoas que
teñen dependentes ao seu cargo, cunmáximo de 180 euros ao mes. A
suspensión é “sine die” e supón un ataque aos compañeiros que teñan
situacións de necesidade que ata agora estaban paliadas por este fondo
(gafas e prótese, estudios fillos, etc.). - Modifícase a posibilidade de permanecer no servizo activo despois da
idade ordinaria de xubilación, xa que pasa a ser renovable cada ano e
pode ser denegada en función de parámetros como “razóns organizativas
derivadas da planificación do emprego público”. Isto quere dicir que se
vai xubilar xente que quere seguer traballando, pero non para poñer
outro na súa vez senón para amortizar o posto de traballo. O gasto
traspásase á Seguridade Social ou a Clases Pasivas, en forma de pensión. - Redúcese o número de días de asuntos
particulares de 9 a 6. Isto quere dicir que traballaremos máis días
polos mesmos cartos. Non se considera isto redución salarial? - Suspéndese o plus de altos cargos. Non se establece ata cando. É o doce co que nos queren coar o resto de medidas.
- Establécese a semana laboral en 37 horas e 30 minutos, como media. Non sabemos como afectará a disposición ao horario de verán.
- Habilítase ao Consello da Xunta a
reducir a xornada dos interinos e dos laborais temporais ata nun tercio
da xornada normal, é dicir, ata cumprir 25 horas semanais. É unha
terrible medida discriminatoria para estes colectivos, sen xustificación
ningunha. Que lonxe quedan aqueles tempos nos que Feijóo chegou a ser
membro dunha Xunta de Persoal en representación dunha agrupación de
interinos que loitaba contra a discriminación! - Suspéndese parcialmente varios artigos
do Convenio para o Persoal Laboral: o 19 (descansos e festivos), o 29
(dereito a comedor) e a Disposición Adicional 3ª (descansos en Nadal e
Semana Santa). Machácase o dereito á negociación colectiva do persoal
laboral. - Adaptaranse as convocatorias, con
carácter retroactivo, dos postos de traballo que estean pendentes de
procesos de consolidación de emprego, de xeito que non sexan ofrecidos
en ningún proceso de provisión.
Estas medidas son un ataque directo contra dereitos adquiridos polos
traballadores públicos e o unico que conseguirán con elas será o
deterioro xa visible nos servizos. Os empregados públicos estamos xa
fartos de ser monecos de pim-pam-pum deste fato de desafogados e non
imos quedar nin calados nin quedos.
Máis información en:
Fuente: CGT A Coruña