La manifestación del sábado 1 de diciembre fue convocada por SOV – CGT Vilagarcía de Arousa. Participaron también delegados y trabajadoras de CCOO. Participaron unas 100 personas, entre ellas una treintena de afiliados de CGT de Coruña, Pontevedra y Vigo.

La manifestación del sábado 1 de diciembre fue convocada por SOV – CGT Vilagarcía de Arousa. Participaron también delegados y trabajadoras de CCOO. Participaron unas 100 personas, entre ellas una treintena de afiliados de CGT de Coruña, Pontevedra y Vigo.

La manifestación tuvo lugar este día porque la consejera de pesca venía a Vilagarcía, y efectivamente, al final de la manifestación apareció la consejera y no pudo evitar la manifestación y su contundente mensaje : «No al cierre de Conservas Peña».

En la manifestación cantaron las trabajadoras, porque Conservas Peña es una fábrica con mayoría femenina, una canción a propósito de la ocasión : Mulheres somos / Trabalho queremos / Porque en casa / No nos quedaremos.

Las convocantes de Vilagarcía estaban contentas con la participación que les dio mucho ánimo para seguir con la lucha. Las que habían tenido sus dudas sobre si valdría la pena seguir luchando se sintieron bien arropados para aumentar la lucha contra los nuevos dueños de las fábricas, unos especuladores a los cuales sólo les interesa sacar el máximo beneficio de subsidios para construir una nueva fábrica y cerrar las antiguas, y con ninguna responsabilidad para las trabajadoras que llevan años en la empresa.


Manifestación en solidariedade coas traballadoras de Conservas Peña
25.11.07

Compañeiros e compañeiras :

Como xa sabedes, as traballadoras de Conservas Peña están sendo ameazadas co peche do seu centro de traballo en Vilaxoán. Apenas trinta traballadoras fixas da plantilla plantan cara a poderosos inimigos : a conivencia do goberno da Xunta cos intereses económicos do capital máis reaccionario e brutal do país. Pois os actuais donos de Conservas Peña, que a compraron fai un ano e que agora queren pechala para facerse cos terreos da fábrica e saquear os fondos públicos, non son outros que o grupo inmobiliario PROMALAR

A finais do ano pasado o grupo empresarial inmobiliario PROMALAR mercou a totalidade das accións de CONSERVAS PEÑA e das conserveiras ALFAGEME (con tres centros de traballo, en Vigo, no Grove e en Ribadumia).

Once meses máis tarde, pretenden pechar os catro centros de traballo para abrir hipoteticamente unha nova factoría no Salnés nun lugar que aínda está por decidir. O custo desta operación, valorado en 126 millóns de euros, será financiado pola Xunta con subvencións a fondo perdido (uns 80 millóns de euros) e con aval de crédito para outros 24 millóns de euros. O que falta ata os 126 millóns de euros e para cubrir as necesidades de funcionamento dos próximos tres anos, a empresa conta coa venda dos terreos que ocupan hoxe os catro centros de traballo despois de ser recalificados para uso urbanístico e non industrial.

Todo este Plan non é máis que un fraude aos traballadores e a toda a sociedade galega, pois coa aparencia dunha estratexia industrial agóchase unha operación de desvío masivo de cartos públicos para petos privados e unha agresión sen precedentes a toda nosa comarca. Este Plan impón o despido de tódalas traballadoras actuais e o desmantelamento industrial da zona coa escusa da “necesaria concentración de empresas no sector conserveiro para ser máis competitivas”. Sen embargo, esta escusa é un atrópello e un engano máis, pois unha cousa é a concentración do capital e a unión de varias empresas para formar unha única e outra cousa moi distinta é pechar tres centros de traballo (pertenzan ou non á mesma empresa) coa desculpa de que se vai abrir un novo.

A CGT e as traballadoras de Conservas Peña non imos consentir o peche da Conserveira, pois as instalacións e a plantilla están en condicións de producir o que sexa necesario e, coas inversións oportunas, atender ás novas esixencias do mercado conserveiro.

Non consentiremos que os intereses especulativos e inmobiliarios de PROMALAR afundan a vida das nosas compañeiras condenándoas ó paro. Non consentiremos que o goberno da Xunta ampare, avale e conceda crédito a semellante operación, que nada ten que ver coa modernización industrial de Galicia, senón cos intereses políticos, inmobiliarios e urbanísticos máis antisociais.

Dende Vilagarcía pedimos a solidariedade de tódolos compañeiros e compañeiras da CGT de Galicia para arroupar, animar e compartir esta desigual loita de trinta compañeiras, para acudir á MANIFESTACIÓN que se vai celebrar en Vilagarcía o próximo sábado, día 1 de decembro. Sairá ás 12 horas da Praza da Ravella.

SOV – CGT Vilagarcía de Arousa.

Non ao peche de Conservas Peña
24.11.07

Non ao peche de Conservas Peña
Alfageme e goberno da Xunta, cómplices

A finais do ano pasado o grupo empresarial inmobiliario PROMALAR mercou a totalidade das accións de CONSERVAS PEÑA e das conserveiras ALFAGEME (con tres centros de traballo, en Vigo, no Grove e en Ribadumia).

Once meses máis tarde, no pasado outubro, o Director Xeral do novo grupo conserveiro, á saída dunha reunión con membros do goberno galego declarou aos medios de comunicación dúas cousas :
No prazo de dous anos pecharán as tres conserveiras do Salnés (Conservas Peña, Mariscos San Caetano do Grove e o centro de Ribadumia), para abrir hipoteticamente unha nova factoría nun lugar que está aínda por decidir.
O custo desa operación, valorado en 126 millóns de euros, vainos conseguir a empresa por tres vías :

– Máis da metade do custo total vaillo proporcionar a Xunta de Galicia con subvencións a fondo perdido.

– Caixanova aportará 24 millóns de euros baixo a forma dun crédito, coa condición de que a Xunta firme como avalista. Segundo declaracións do Conselleiro de Economía este aval xa lle foi concedido, polo que, con toda a probabilidade, será tamén o diñeiro público quen acabe pagando.

– O resto da inversión vaino conseguir o grupo PROMALAR coa venda dos terreos que ocupan na actualidade as tres conserveiras, previa recalificación urbanística polas administracións correspondentes. Sospeitamos, con todo fundamento, que a venda acabarase facendo a outras empresas do mesmo grupo inmobiliario PROMALAR.

Todo este Plan non é máis que un fraude aos traballadores e a toda a sociedade galega, pois coa aparencia dunha estratexia industrial agóchase unha operación de desvío masivo de cartos públicos para petos privados e unha agresión sen precedentes a toda nosa comarca. Este Plan impón o peche dos tres centros de traballo, o despido de tódalas traballadoras actuais e o desmantelamento industrial da zona coa escusa da “necesaria concentración de empresas no sector conserveiro para ser máis competitivas”. Sen embargo, esta escusa é un atrópello e un engano máis, pois unha cousa é a concentración do capital e a unión de varias empresas para formar unha única e outra cousa moi distinta é pechar tres centros de traballo (pertenzan ou non á mesma empresa) coa desculpa de que se vai abrir un novo.

As traballadoras de Conservas PEÑA non imos consentir o peche do noso centro de traballo, pois as instalacións e a plantilla estamos en condicións de producir o que sexa necesario e, coas inversións oportunas, atender ás novas esixencias do mercado conserveiro.

Facemos un chamamento ó pobo de Vilagarcía e ás súas institucións para que, xuntos, defendamos os postos de traballo e a riqueza industrial da nosa comarca.

Non consentiremos que os intereses especulativos e inmobiliarios de PROMALAR afundan as nosas vidas condenándonos ó paro. Non consentiremos que o goberno da Xunta ampare, avale e conceda crédito a semellante operación, que nada ten que ver coa modernización industrial de Galicia, senón cos intereses políticos, inmobiliarios e urbanísticos máis antisociais.

Acude á manifestación o próximo sábado día 1 de decembro, ás 12 horas, dende a Praza de Ravella.

Traballadoras de Conservas Peña


Fuente: Texto y fotos : Ronny Stansert