Skip to Navigation

Vigo: Manifestación por la readmisión de los despedidos en Citroën

 

Este sábado ás 12:30 dende a rotonda de COIA (fronte ao Alcampo). En solidariedade c@s compañeir@s despedidos en Citroën, contra a represión sindical e pola dignidade.

Estamos inmersos nun retroceso sen precedentes das condicións laborais, onde en escasos minutos asínanse papeis que eliminan dereitos gañados tras anos de loita sindical. Todos/as nós vemos como a sociedade se resiste a aceptar , a ser cómplice desta traizón, mais asiste impotente ao espectáculo do entreguismo dos chamados sindicatos “institucionais”.
CGT Galicia


Sábado 26/03 12:30

Mais, tamén nos últimos tempos, e cada vez con máis forza, destácase outro modelo sindical, outro xeito de traballar e podemos constatar o crecemento da nosa organización, a Confederación Xeral do Traballo, como a alternativa  a este cúmulo de agresións contra a clase traballadora.

Nesta cidade o mundo do traballo xira en torno a citroën. Trátase da única empresa de automoción do estado español onde, dende o fin da ditadura franquista, ten maioría no comité un sindicato “amarillo”. Calquera traballador/a de Vigo sabe, por amigos e coñecidos, o nivel de represión que existe nesta empresa, e sobre todo podemos intuír o nivel de control do voto e a cacicada que supón cada proceso electoral. Son cuestións ante as  que non se pode permanecer calados, e así o fixeron os/as compañeiros/as da sección sindical de Citroën dende hai vinte anos, denunciando constantemente os abusos e agresións da multinacional contra os/as traballadores/as.

Compañeiros/as, levamos meses de conflito aberto contra citroen, cos despidos de tres compañeiros/as enriba da mesa. Pero é importante poñerlle nome ás persoas represaliadas por pertencer á CGT. Levamos meses defendendo unha traxectoria sindical de máis de vinte anos dando a cara polos traballadores, caso de Manuel L. Pardiñas. Levamos meses defendendo a unha compañeira dobremente agredida  pola empresa, caso de Diana Martinez. E tamén levamos meses apoiando ao compañeiro Javier Martínez, que é despedido con argucias legais que non ocultan a ninguén a realidade: a ansia da empresa de castigar a quen non lle sigue a corrente, a quen denuncia sistematicamente a corrupción e os abusos patronais, a ansia da empresa de castigar aos compañeiros/as da sección sindical de CGT en Citroën e, por ende, ao conxunto do noso sindicato. E non podemos permitilo.

O vindeiro día 26 de marzo, sábado, temos convocada unha manifestación que ten que ser masiva. Temos que convencer ao/á compañeiro/a de traballo, ao/á familiar, ao/á amigo/a, ao/á veciño/a da importancia desta mobilización para que sexa un éxito. É fundamental a presenza de toda a afiliación, temos que demostrar que quen agrede a un membro de CGT, agrede a toda a CGT.

MANIFESTACIÓN

SÁBADO 26 DE MARZO ÁS 12:30

DENDE A ROTONDA DE COIA (Alcampo)


adidas Yeezy Boost 350 V2 Semi Frozen vs Glow in the Dark